Foz, 15 de novembro de 2018.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu apoios na comarca da Mariña por importe de preto de 240.000 euros para impulsar a modernización e o asociacionismo do comercio de proximidade. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, expuxo este dato na presentación dunha campaña para dar visibilidade ao pequeno comercio local organizada pola Federación de Comercio da Mariña.
Balseiro gabou o labor da Federación comarcal, “propulsora de iniciativas que amparan a todos os asociados como si, efectivamente, formaran un único proxecto, un gran centro comercial aberto”, afirmou. Na mesma liña, lembrou que a entidade conta co apoio da Xunta “porque compartimos obxectivos” e que recibe financiamento para iniciativas como a que hoxe se presenta, en concreto este ano 33.600 euros.
Co mesmo obxectivo, engadiu, a Xunta distribuíu 130.000 euros en apoios para a Asociación de Comerciantes de Ribadeo, a Asociación de Vendedores da Praza de Abastos da mesma localidade, o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro e a Asociación de Comerciantes de Foz.
Igualmente, recibiron axudas por importe de 75.000 euros once comercios da Mariña para a realización de obras de modernización ou proxectos de dixitalización e comercialización en liña.
O delegado subliñou que o comercio de proximidade “é a alma das nosas vilas e cidades; en torno aos comercios articúlanse espazos de ocio e de reunión que son un polo de atracción para veciños e visitantes”. Neste sentido, destacou o importante de esforzo de modernización e adaptación que están a facer os comerciantes para poder competir no novo modelo de mercado.
Balseiro detallou que as axudas da Xunta para os once proxectos de mellora promovidos polos comerciantes mariñáns supoñen o 50 por cento do investimento subvencionable que declararon. “Os empresarios demostran un notable interese por incorporar a comercialización online, mellorando a súa presencia na internet e as ferramentas de xestión”, manifestou.
Apoios por varios conceptos
As axudas poden atender a máis dun concepto. Así, a práctica totalidade dos beneficiarios demandan a implantación ou actualización de páxinas web e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos seus produtos, e catro solicitantes engaden proxectos para a implantación de ferramentas como sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.
As achegas da Xunta tamén impulsan un proxecto de deseño e implantación de packaging para a venda en liña, outro para novas fórmulas de comercialización, e un terceiro beneficiario solicita os servizos de xestión de redes sociais; neste caso, a axuda da Xunta consiste nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio.
Por último, dous solicitantes reciben achegas para a modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo. Sufráganse obras como a reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial, adquisición de moblaxe e equipamento, e mellora da fachada exterior.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



