Riotorto, 20 de novembro de 2018.- Os socialistas de Riotorto agradecen ao Goberno da Deputación o millón de euros achegado en novos investimentos para mellorar as prestacións públicas municipais e a calidade de vida dos veciños da vila e critican que a Xunta de Galicia non faga o mesmo. Neste eido, o Secretario Xeral do PSOE neste Concello, José García Freije, destacou “a sensibilidade e o firme compromiso dos socialistas por satisfacer as demandas dos riotortenses, achegando novos investimentos que permitiron mellorar as infraestruturas do Concello, atender a máis de 50 maiores, xerar novos empregos e dinamizar a economía e a actividade do municipio a través da cultura e o deporte”.
José García subliñou que “dende o Partido Socialista traballamos conxuntamente na mellora de dotacións públicas no rural porque defendemos a igualdade de oportunidades vivamos onde vivamos.” Os socialistas informaron que o Executivo Provincial destinou máis de 800.000 euros en mellorar as infraestruturas. Con dito orzamento rehabilitouse a estrada LU-P-2801 que comunica Riotorto con Lourenzá e a LU-P-4402 de Riotorto a Bretoña, melloráronse os accesos a Lourido, Teixeiro, Espasande de Arriba, Vilar de Meilán, Lamas, campo de fútbol de Muxoeira, Vilar de Santiago, Chacín, Moxueira e á escola de Órrea, ou acondicionáronse as vías municipais de Santalla, Espasande de Arriba, Santamarta, Vilaseca, Lamas e Eirredondo-Teixeiro, entre outras actuacións.
O PSOE no Goberno da Deputación tamén achegou 260.000 euros en novas dotacións públicas como o parque infantil, calefacción e novo mobiliario do edificio da área recreativa no Mazo da fraga de Ferreiravella, traídas de auga no núcleo de Soutelo e na parroquia de Galegos, a compra dun camión de recollida de lixo (mancomunado co Concello de Meira) e un tractor para rozar as pistas, a rehabilitación de fontes en Teixeiro e Ortovello ou a recuperación íntegra da igrexa de San Pedro.
Ademais, os socialistas destinaron máis de 90.000 euros para a celebración de diferentes actividades como a Feira do Ferro, obradoiros de artesanía, actuacións musicais, así como axudas para os gastos correntes de asociacións culturais e deportivas.
Dous modelos de xestión confrontados
Os socialistas de Riotorto critican a xestión levada a cabo polo goberno do PP durante estes últimos anos. Neste eido, García Freije subliñou que foi o PSOE, cun investimento de 200.000 euros, o que acondicionou 300 quilómetros de camiños de Riotorto “que a día de hoxe están impracticables polo deixamento e incompetencia do Alcalde popular. Tamén dotamos de prestacións públicas como o parque infantil ao carón do colexio, o tanatorio, así como a rehabilitación de varias fontes, dentro da nosa aposta por dinamizar o rural. O Partido Socialista achega investimentos mentres que o PP no Concello e na Xunta de Galicia non fai nada polos nosos veciños”.
Apertura dos servizos do Centro Sociocultural de Augasoxa
O Secretario Xeral do PSOE en Riotorto demandou ao Concello que habilite os servizos hixiénicos do Centro Sociocultural de Augasoxa para o uso dos veciños e visitantes ao municipio cando se celebren festas e feiras na localidade “porque chegáronnos moitas queixas dos veciños reclamando dita prestación, que cremos necesaria”.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



