Viveiro 21-11-18. O Centro Comercial Histórico de Viveiro porá en marcha a campaña Black Friday os días 22 e 23 de novembro. Traballando estes días en recuperar a
actividade comercial habitual tralas inundacions sufridas, podemos indicar que o éxito de participación de negocios nesta iniciativa é superior ó habitual. Agora mais que nunca podemos decir que a palabra unión cobra todo o seu significado. Serán 66 negocios participantes, de varios sectores distintos, que farán fantásticos descontos durante o xoves 22 e vernes 23, coñecido como o venres negro.
Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, tecnoloxía, papelerías, ferretería, xoguetes, Fotografía e axencias de viaxes. A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fará que sexa moi atractiva para os clientes, así como os grandes descontos cos que se atoparán que van dende un 10% ata un 70%.
Os locais participantes son:
– Óptica Rosario – Gómez Travieso
– Confecciones Justo Vázquez – Equivalenza
– Muebles Iglesias – Irimia Paquetería
– Platax – Grafity
– Regalos Sulian – Calzados Vogue
– Madrás – Esprit
– La Óptica Viveiro – Lencería Canela
– Van Surf Sneakers – Dandara
– Van Surf Shop – Naútica Beagle
– África Copias – Rockids
– Jonathans – Contigo en tu Dia
– Holamobi – Raquel Seijido
– Las Fidalgas – Carlos Fotógrafos
– Tacones – Keweë
– Kody Kids – Joyería Paleo
– Roupa – Estanco Casanova
– Calzados Albo – Kandela Iluminación
– Albo Zapaterías – Mobiltom
– Albo zapatillería – Nacar
– Piti Deportes – El Faro
– Kerale Moda – Baühaüs
– Oscar Rodríguez Joyeros – Paquetería Mónica
– Fontana – Depidel
– Miss-tic – Carnicería Mariño
– Oxígeno Surf – Deportes Don Balón
– Podium Sport – A Tenda da Calexa
– Fontenova Panadería – La Tienda de Aradia
– Cerámica Regal – Peluquería Richard XFavor
– Paquetería Lage – Kalea Platería
– Tejidos Rogelio – Librería Santiago
– Mango – Dolotravel
– Piti Deportes – A Bolboreta Mercería
– Peluquería Angeles Salgueiro – Embutidos Villalba
Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color Negro de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, así como estrelas da mesma cor pegadas nos escaparates indicando os descontos. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos. Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sin ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



