Mondoñedo, 28 de novembro de 2018.- Un xurado profesional vén de fallar o terceiro concurso de fotografía ‘O meu recuncho de Mondoñedo”, que anualmente convoca o Concello e que este ano suma xa a súa terceira edición. A fotografía gañadora é de Andrea Gacio, na que se reflexan os cabalos, de tanta relevancia en Mondoñedo, pastando nos montes da localidade.
O xurado, integrado por fotógrafos dos xornais El Progreso e La Voz de Galicia, así como por estudantes de fotografía; fallaron o segundo e o terceiro premio para José Antonio Pasarón e Marcos Candia, respectivamente.
Ademais, de entre o total de fotografías recibidas, tamén se seleccionaron 13 instantáneas coas que se elaborará dende o Concello o calendario para o vindeiro ano 2019. Os autores das instantáneas que ilustrarán o calendario son os seguintes:
Xaneiro: Xián Vázquez
Febreiro: Diego García Carro
Marzo: José Ramón Miranda
Abril: J. Pedro Gómez
Maio: Sol Piñeiro
Xuño: Andre Gacio
Xullo: Susana Gacio
Agosto: Diego Muruais
Setembro: Héctor Loureiro
Outubro: Marcos Candia
Novembro: José Antonio Pasarón
Decembro: Alberto García Armesto
E para a portada: Andrés García Doural
Agradecementos por unha edición cun nivel moi alto
O concelleiro de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías, Alberto García, quixo agradecer “en nome do Concello de Mondoñedo, o interese amosado por todas as persoas que participaron no concurso, aos que felicitamos pola calidade das fotografías que recibimos”. “Ano tras ano o nivel é maior, o que dificultou o labor do xurado, xa que practicamente todas as fotografías eran merecedoras de incluírse no calendario”, precisou.
O Concello de Mondoñedo celebrará un acto no Salón de Plenos do Concello, que se prevé para finais do mes de decembro, durante o que se entregarán os premios aos galardoados.
Por último, Alberto García lembrou que este concurso fotográfico naceu co afán “de desenvolver o sentimento que temos pola nosa cidade, polos lugares que nos traen os nosos mellores recordos, por aqueles que máis sentimos ou polos que simplemente máis nos gustan”. Así, Alberto García volveu a destacar o aspecto “sentimental” desta iniciativa xa que “permite aos participantes mergullarse nas súas vivencias na cidade e no rural e recorrer os recunchos que máis lles apaixonan”





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



