Santiago de Compostela, 16 de novembro de 18. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Luís Álvarez, presentou esta mañá en Comisión unha proposta para instar a Xunta a solucionar os problemas de seguridade derivados da construción da glorieta que divide o núcleo de Beltrán –Xove- e o camiño veciñal de “A Meixoeira”. O responsable socialista lamentou que o PP queira “desviar responsabilidades” e ignorase a cidadanía de Beltrán ao rexeitar a iniciativa socialista.
Álvarez pediu a creación de pasos de peóns debidamente sinalizados polos que cruzar a vía de acceso á VAC CG2.3 e ao camiño veciñal, o cal debería de ser de “sentido común” tendo en conta o avellentamento da poboación e a presenza de persoas con mobilidade reducida.
O deputado socialista recordou na Cámara que, segundo o previsto no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020, a seguridade neste tipo de tramos e responsabilidade da Consellería. Deste xeito, a instalación de pasos de peóns ten que estar precedida pola construción de beirarrúas a ambos lados –segundo a normativa vixente-, unha actuación “razoable” ao “carecer de toda complexidade e custo para a administración autonómica”.
O responsable socialista lembrou que aos poucos días de estar en funcionamento este tramo os veciños da zona presentaron un escrito firmado por 72 persoas nos que se pedía unha solución. O portavoz socialista solidarizouse con eles e pediu a solución pois esa xente vese obrigada a cruzar todos os días un tramo perigoso ao, ironizou, “non poder levitar”.
























María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.



