A asociación Pasiño a Pasiño de San Cibraou organizou unha sesión de actividades, que incluían un taller de teatros para nenos e posta en escena de contos, baixo a dirección de Raquel Queizá... Ler máis
Máis de vinte rapaces con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos participaron nun obradoiro práctico de orientación laboral que tivo lugar en Barreiros. No taller, organizado pola Dire... Ler máis
Mañá, 28 de decembro, remata o prazo de inscrición para participar na San Silvestre 2011, que organiza o concello de Ribadeo. Ata o momento hai 170 inscritos (61 nenos e 109 adultos). Desde... Ler máis
A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza a presentación do libro “A Veiga é como un tempo distinto”, da ribadense Eva Moreda. Esta novela, que trata da emigración galega -p... Ler máis
Inaugurouse no Cenima, en Foz, a exposición de pintura e escultura de Hipólito Xeada. O acto estivo presentado por Maite López Rego, concelleira de Turismo, e a el acodiron un importante núm... Ler máis
A ACD Penalba-Colectivo Chilindrín desexan unhas boas festas e anuncian que o sábado día 24 de decembro dende as 16:30 horas e ata as 18:30 horas Papá Noel visitará Celeiro e estará recollen... Ler máis
As gañadoras dos concursos de microrrelatos e lemas convocados polo Centro de Información ás Mulleres de Burela para conmemorar o día internacional contra a violencia ás mulleres foron: Amar... Ler máis
Os gañadores da primeira fase da campaña Presume de praceiro e de praceira foron: Gloria Lorenzo, María Rita Monteagudo e Angeles Díaz, que recibiron tres vales por importe de 75, 50 e 25 eu... Ler máis
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro será escenario o vindeiro martes, 27 de decembro, dun obradoiro práctico de orientación laboral. Será a partires das 11 da mañá. Está dirixido pre... Ler máis
Christyan Magic ofrecerá no teatro Pastor Díaz de Viveiro un espectáculo de maxia o martes 27 ás 18:00 horas. Entrada, 2 euros. O mércores 28, ás 20.30 horas concerto extraordinario de fin d... Ler máis
O venres día de 23 de Decembro, chegará de novo a Luz de Belén que será traía por mozos de Viveiro. A celebración da entrega de devandita luz de Belén será na Igrexa Conventual das Concepcio... Ler máis
O 23 de decembro, terá lugar no salón de plenos do Concello de Burela a entrega de premios e diplomas dos concursos convocados con motivo da conmemoración o 25 de novembro do Día internacion... Ler máis
A OPP-07-LUGO celebra en Burela o vixésimo quinto aniversario da súa creación. Será o día 23 as 12 da mañá en Burela, na sede da organización. Ler máis
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá o vindeiro 27 de decembro o curso “Creación de postais de Nadal para nenos e... Ler máis
O Cenima abre de novo as súas portas ó arte. Desta volta temos a honra de contar coa presenza de Hipólito Xeada, quen nos presenta unha selección das súas últimas creacións, tanto de pintura... Ler máis
O día 21 de decembro a ANPA do colexio público de Alfoz organizou a festa do nadal para os nenos do colexio, segun o seu presidente Andrés Vidal, ” este ano os nenos íanse quedar sen e... Ler máis
O venres 23 a partir das 24H. Concerto de “RAGNAROCK” no Pub Atalaia de Ferreira do Valadouro. Este grupo esta formado por xovenes alumnos das escolas de musica de Foz e Burela. Interpretara... Ler máis
A Delegación de Medio Ambiente informa que os días 25 de decembro e 1 de xaneiro non haberá recollida do lixo, como ven sendo habitual. O edil Horacio Cupeiro pídelle aos veciños que “esas x... Ler máis
A Delegación Municipal de Cultura, dentro da Programación Cultural do Nadal, presenta a Chrystyan Magic co seu espectáculo “A Maxia do Nadal”, que terá lugar o vindeiro venres, 23 de decembr... Ler máis
O CEIP Santa María do Valadouro recibiu unha moi grata sorpresa e visita a todo o alumnado do centro. Un visitante moi demandado nesta data, Papá Noel, fixo unha pequena parada no centro do... Ler máis
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo fixo entrega o pasado domingo a Cáritas de válelos de compra por importe de 900 euros. Trátase dos premios que qued... Ler máis
A presentación será en Burela, na Casa da Cultura, o martes 20 de decembro ás 20.00h, e contará coa presenza das Batuko Tabanka. Tras a presentación para todo Galiza tivo lugar o pasado sába... Ler máis
O xoves 22 de decembro de 2011, ás 21:00 horas, terá lugar no Auditorio de Mondoñedo un Concerto-Presentación do libro-disco Haberá primavera, editado por Galaxia, onde César Morán homenaxea... Ler máis
Papa Noel visitou a aula CeMIT de Barreiros esta mañá. Á cita acudiron uns 50 nenos dos CEIP de San Miguel e de San Cosme. Papa Noel falou con eles a través de videoconferencia e fixo as del... Ler máis
A OMix do Concello do Valadouro organiza Obradoiros de Nadal para valorar a cultura e tradicións típicas desta época, fomentar a creatividade, as reflexións positivas na convivencia e a conc... Ler máis
Alumnado de 3 a 5 anos do CPR Martínez Otero visitou a Casa da Xuventude para realizar unha videoconferencia con Papá Noel, que estaba en Laponia ultimando os últimos detalles para levar aga... Ler máis
A web www.fazouro.com en colaboración con Librería Bahía (Foz) convoca o I Concurso de postais de Nadal. Poderán participar nenos e nenas de entre 0 e 14 anos, distribuídos en dúas categoría... Ler máis
A asociación de veciños de Valcarría ( Viveiro ) celebrou no serán do pasado domingo día 11 de novembro unha actividade cultural na que os veciños e veciñas puideron disfrutar da música e da... Ler máis
Poñemos a súa disposición, gratis, tres calendarios do ano 2012, en formato PDF, para imprimir, en folio A4. Pode descargalos desde os enlaces seguintes: Calendario horizontal de 13 paxinas... Ler máis
Deron comenzo as “Xornadas Gastronómicas da Cociña de Cunqueiro” no IES de Foz. O menú consistiu en: vieira ao Albariño, arroz con berberechos, polbo á feira, empanada de lombo,... Ler máis

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



