Viveiro, 21 de maio de 2024. A tenenta de alcaldesa e concelleira de Obras de Viveiro, Míriam Bermúdez, informa da reposición da balaustrada que sufriu danos durante as obras de renovación d... Ler máis
Viveiro, 20 maio de 2024. A tenenta de alcaldía do Concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, mantivo hoxe unha reunión de traballo con Diego Piñeiro, técnico encargado do novo plan de accesibili... Ler máis
Viveiro, 17 de maio, 2024. O Concello de Viveiro conmemorou o Día das Letras Galegas 2024 con múltiples actividades no Teatro Pastor Díaz. “Unha xornada para conmemorar e festexar a importan... Ler máis
A Dirección Xeral de Patrimonio informou favorablemente en xullo de 2017 e mantivo unha colaboración constante para clarificarlle ao Concello de Viveiro todas as dúbidas Viveiro, 16 de maio... Ler máis
Viveiro, 15 de maio, 2024. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha dende o luns 20 unhas xornadas formativas sobre redes sociais. Nos últimos tempos os hábitos... Ler máis
O punto de información no que se fará entrega das chaves necesarias para empregalo e outros materiais estará ao longo dos meses seguintes en diferentes puntos do Concello Viveiro, 15 de maio... Ler máis
A previsión da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas é iniciar a primeira fase dos traballos, entre os quilómetros 5 e 20+090 desta vía autonómica, nos municipios de Vive... Ler máis
Por que a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a “diglosite” e a “castrapite”? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen a... Ler máis
Os populares aclaran que “unha vez obtidos tódolos informes e corrixidas as deficiencias, a tramitación do PXOM variará dependendo de se os cambios desde a aprobación inicial supoñen ou non... Ler máis
As tarefas céntranse nun treito de preto de 2,5 quilómetros e inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos Santiago de Compostela, 13... Ler máis
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quixo felicitar “á rapazada do Lois Tobío por esta merecidísima vitoria e por poñer en valor a importancia da seguridade viaria” Viveiro,... Ler máis
Viveiro, 12 de maio, 2024. A sétima edición do festival de música eletrónica ETHER – An Electronic Odyssey realízase nos días 18, 19 e 20 de xullo no Parque da Misericordia en Viveiro, xunto... Ler máis
Viveiro, 10 de maio de 2024. O Alcaldía de Viveiro aclara que actualmente só está pendente a asignación de orzamento para aboar o 2,5% das facturas recibidas en 2023, un total de 80. Durante... Ler máis
Horario: Mañás de 8:30 a 15:00 h. Tardes de 16:30 a 20:30 h. Ler máis
Os populares tamén advertiron dun desfase de gasto de 1,2M€ con respecto ao presupostado: “seguen aparecendo facturas do 2023 e debido ao descontrol non é de estrañar que sigan aparecendo má... Ler máis
A competición desenvólvese en seis regatas, que se celebrarán de maio a setembro en Portomarín, Ribadeo, San Cibrao, Viveiro, Lugo e Foz Lugo, 9 de maio de 2024. A Vicepresidencia da Deputac... Ler máis
Celebrarase do 26 ao 29 de xuño con 89 bandas nun dos carteis máis “grandes e ambiciosos, dado que máis de 60 delas nunca actuaran antes en Viveiro e outras 17 nunca o fixeron en España” Lug... Ler máis
“Con este Skatepark damos resposta a un espazo moi demandado polos veciños e veciñas de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro Viveiro, 9 de maio de 2024. O Concello de Viveiro inform... Ler máis
Viveiro, 9 de maio de 2024. A tenenta de alcaldesa de Viveiro, Míriam Bermúdez, lembra que só no último ano se investiron 23.000 euros en diferentes traballos de acondicionamento e mantement... Ler máis
Efrén Castro e Daniel García valoraron “a participación de equipos locais, que afianza a pegada deportiva da proba na comarca” Viveiro, 8 de maio de 2024. Esta tarde presentouse en Viveiro a... Ler máis
A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro e a Asociación Prato-Do poñen en marcha de novo unha campaña de colaboración con Cines Viveiro Viveiro, 8 de maio, 2024. Continúa a c... Ler máis
Viveiro, 8 Maio, 2024. O home foi reanimado despois de que o sacasen da auga. Arredor das 10:10 horas desta mañá, varias persoas alertaron ao 112 Galicia dun home que caera ao mar, preto dun... Ler máis
Viveiro, 8 de maio, 2024. As premiadas dos 5 Bonos Relax nun Thalasso da localidade, para desfrutar dunha experiencia relaxante son: Gloria Corral cun ticket de compra de Albo Zapaterias Mª... Ler máis
Viveiro, 7 de maio, 2024. Entre os días 7 e 10 de maio de 2024, ambos inclusive, estará aberta ao público unha exposición titulada “13 rúa da Microrrede, A Mariña homenaxea a Ibañez”, prepar... Ler máis
“Dentro da iniciativa Cidades Amigas da Infancia, Viveiro aposta pola participación infantil e xuvenil co obxectivo de ter en conta as súas opinións, necesidades e prioridades”, asegura a al... Ler máis
Isabel Rodríguez fixo fincapé na necesidade de que os afeccionados se sitúen en lugares seguros, respectando as medidas establecidas pola organización da proba, para que o evento se desenvol... Ler máis
A portavoz, Mariña Gueimunde, subliña que “ao situarse próximo ao casco histórico, é un sendeiro moi visitado e transitado ao longo de todo o ano tanto por veciños como turistas para pasear... Ler máis
O Club de Remo Celeiro desprazouse ata A Pobra do Caramiñal para participar na 1° proba desta Liga Galega de Traiñas Veterans, acadando un 2° posto en categoria Mixta nunha regata de 3500m d... Ler máis
Estas tarefas forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos Santiago de Compostela, 5 de maio de 2024.... Ler máis
Nestes momentos hai 6 cans e cadelas dispoñibles para a súa adopción, que se entregarán vacinados, con chip e esterilizados Viveiro, 4 de maio de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro e a... Ler máis




Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



