O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo un encontro no Concello co capitán marítimo, Rafael Casanueva, cun representante da Dirección General de la Marina Mercante, Cándido Avendaño Sala... Ler máis
Segundo o BNG de Alfoz, o concello ten dificultades para recadar cantidades superiores aos gastos correntes e de persoal. Isto dificulta a xestión de obras novas e servizos por parte do conc... Ler máis
O premio á mellor tapa foi para o bar Costa Verde pola súa “milfollas de cabaciñas con solombo de porco e mazá reineta”; o premio á mellor tapa tradicional, que este ano tiña que... Ler máis
Inícianse en Ribadeo os IV Foros permanentes para a muller que consistiran en charlas, obradoiros e conferencias nas que se trataran temas de diversa índole como saúde e o coidado persoal, e... Ler máis
A terceira e última etapa da I Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo sairá ás dez e media da mañá da Avenida Arcadio Pardiñas “desde a zona do Campón para ir ata San Cibrao, volta despois... Ler máis
As reclamacións forman parte dunha relación de facturas impagadas por servizos de alumeado público en diferentes instalacións municipais. A Delegación Provincial da Consellaría de Presidenci... Ler máis
A Coordinadora Pro Corredor da Mariña, integrada por reperesentantes de asociacións de veciños dos diferentes concellos, traladou ao Ministerio de Fomento unha proposta de trazado co acordo... Ler máis
O Castro da Atalia de San Cibrao está en perigo de desaparecer por mor da construción de vivendas sen control por parte de Patrimonio. A cousa empezou cando o Concello de Cervo da Mariña luc... Ler máis

















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



