Autoridades do concello e representantes da comisión de festas presentaron o programa das festas patronais de Xove, adicadas ao seu patrón San Bartolo, para o 2011 Ler máis
Adela Rodríguez felicita ao director Juan Carlos Álvarez pola visión que sobre os malos tratos plasmou na súa película El cuento de Duna. O filme proxectouse onte pola noite no cámping A Nos... Ler máis
Acto da presentación do Festival do Emigrante que se celebrará en Barreiros o vindeiro sábado. No acto que se desenvolvía esta mañá no Concello participaron o alcalde, Alfonso Fuente, as con... Ler máis
As actividades para nenos/as durante este fin de semana, englobadas no Programa San Lourenciño, en concreto o Concurso de Debuxo, que se realizará o venres, e os obradoiros infantís, que est... Ler máis
O xoves ás 20:30 h terá lugar no CENIMA de Foz unha reunión para toda a xente que queira información do viaxe a roacia/Venecia que se organizará dende a A-Amigos das viaxes. Ás 21:30 h , hab... Ler máis
A OMIX do Concello do Valadouro organiza unha nova edición do programa Xogos na Praza nos martes do mes de agosto. Todos os nenos a partir dos 5 anos están convidados á diversión os martes d... Ler máis
NOTA DE PRENSA: UNHA DE CAL E UNHA DE AREA NA CITA PONTENOVESA O triangular da Pontenova resolveuse onte para o Burela FS cunha de cal e outra de area. Os laranxas puideron impoñerse ao anfi... Ler máis
NOTA DE PRENSA A ESCASA PROFUNDIDADE NO BANCO APEA OS BURELAOS DO CELSO CURRÁS O Burela FS non puido superar a semifinal do VI Memorial Celso Currás de Trabada ante o honorable Marfil Sant... Ler máis
Nota de Prensa A CLÍNICA VIRXE DA MARIÑA REVISA OS PRIMEIROS EQUIPOS DO BURELA FS A clínica médico-cirúrxica Virxe da Mariña de Burela realiza, un ano máis, as revisións do CD Burela FS como... Ler máis
VIVEIRO .- Máis dun cento de rapaces, con idades comprendidas entre os dez e os dezaseis anos, participaron no torneo de fútbol sala de categorías base organizado polo Casino de Viveiro. O t... Ler máis
BURELA .- O director da escola deportiva laranxa, Alfonso Mera, responsabilizarase da preparación física do Burela FSF Pescados Rubén en 2010-11, xunto á xestión das categorías inferiores. O... Ler máis

















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



