O proxecto contempla actuar nun treito de 155 metros, coa execución de beirarrúas, accesos ás parcelas, dotación dos servizos necesarios e conexión co sistema de vixilancia e seguridade do p... Ler máis
Os deputados populares, xunto ao alcalde e o tenente alcalde da localidade, Darío Cabaneiro e Marcos García, e concelleiros do PP coñeceron de primeira man todas as posibilidades de crecemen... Ler máis
A Xunta e o concello da Pastoriza avanzan no proxecto para mellorar a rede de pluviais en Vilagromar
Tamén avaliaron a proposta municipal para acometer a rede de saneamento no núcleo de Paraxes, na parroquia de Fomiñá, así como a construción dunha estación depuradora de augas residuais na c... Ler máis
A conselleira María José Gómez reuniuse con Darío Cabaneiro, alcalde desta localidade lucense, que recibiu da Xunta máis de 700.000 euros desde 2020 para a mellora das súas infraestruturas r... Ler máis
O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas concedeu 478.000 euros nos últimos anos para habilitar 11 vivendas froito da rec... Ler máis
O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación da proba, incluída no I Circuíto de Carreiras Populares da Terra Chá A Pastoriza, 16 de xuño de 2025. A Xunta colabora c... Ler máis
Lugo, 11 de setembro de 2024. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde da Pastoriza, Darío Cabaneiro, mantiveron hoxe unha reunión de traballo na Delegación Territo... Ler máis
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2024. A Xunta de Galicia e o Concello da Pastoriza avalían vías para colaborar na mellora do saneamento nos lugares de Paraxes e O Gruñedo, tal e como a... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, anuncian que a Consellería do Medio Rural financiará as obras con cargo ao Plan de Inf... Ler máis
Javier Arias e Darío Cabaneiro valoraron algúns proxectos que requiren da coordinación de ambas Administracións Lugo, 4 de xullo de 2023. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Aria... Ler máis
Os alcaldes Manuel Otero e Darío Cabaneiro destacan a importancia que terá conseguir o recoñecemento oficial desta festa cabalar, organizada por Puraga, para a promoción turística dos seus m... Ler máis
















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



