A Presidenta da Deputación asinou este martes un acordo coa Alcaldesa de Viveiro para acometer a reforma do Mercado de Abastos; e un convenio co Alcalde de Ourol para arranxar accesos e mell... Ler máis
A cita, con acampada e entrada de balde, celebrarase o vindeiro 18 de xullo na parroquia ourelá de Bravos, cun cartel que estará formado pola Banda da Balbina, Sabela, Vimbio, Pandereiteiros... Ler máis
A Mariña 3 de abril de2025. A Plataforma Sanitaria da Mariña e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón, entregaron preto de mil duascentas sinaturas hoxe no rexistro do Hospital da Mariña, dirix... Ler máis
A ruta terá lugar mañá con saída ás 10:15 horas da praza dos Verxeles Sábado, 22 de marzo de 2025. Co obxectivo de visibilizar o Camiño Nordés a Santiago de Compostela, a Asociación de Amigo... Ler máis
Ourol, 12 de xaneiro, 2025. Preto de cincocentas persoas concentráronse diante do Centro de Saúde de Ourol para esixir ao Sergas e ao goberno da Xunta que se substitúa ao médico ausente todo... Ler máis
O Presidente vén de asinar co Alcalde ourolés un convenio de colaboración no que se inclúe a apertura dun novo vial nunha parcela rústica e o acondicionamento de beirarrúas nesta zona Lugo,... Ler máis
A Deputada Carmela López visitou este luns o Concello mariñán, onde mantivo un encontro co Alcalde e os integrantes da asociación para facerlles entrega do convenio asinado entre a instituci... Ler máis
A cita, con entrada de balde, promove a música folk, rock e pop en galego e xa conta coa confirmación de artistas para esta nova edición como Loita Amada, Tecor Societário, Catuxa Salom e Ug... Ler máis
A Mariña, 29 de xullo de 2022. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora na mellora da sinalización turística do legado indiano en Ourol a través de placas con códigos QR e un... Ler máis
Ourol, 13 abril de 2022. O Alcalde socialista de Ourol, José Luis Pajón Camba denunciou hoxe que esta semana o centro de saúde do Concello estivo sen médico para atender á veciñanza durante... Ler máis
Ourol, 6 de maio de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Ourol, Luis Pajón, reuníronse hoxe na Casa do Concello para avaliar a marcha dos proxectos que ten en mar... Ler máis
Ourol, 12 de abril de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuniuse esta mañá co alcalde de Ourol, Luis Pajón, na Casa do Concello co que, entre outros asuntos, tratou sobre a c... Ler máis

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



