Mondoñedo, 23 de xullo de 2022. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron a cap... Ler máis
No acto de presentación deuse a coñecer a programación que mestura ao longo de catro días a gastronomía, música, pintura, hostalería e artesanía Burela, 22 de xullo de 2022. Comeza a contra... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se investiron 347.000 euros no proxecto, que formou a traballadores desempregados en especialidades de xardinaría e construción Lug... Ler máis
Representantes do Goberno galego e dos concellos implicados en cada ruta mantiveron senllas xuntanzas para valorar a constitución dun órgano xestor que traballaría en iniciativas e accións d... Ler máis
A instalación estaba asociada a un muíño fariñeiro agora en desuso e a súa eliminación axudará a recuperar o hábitat fluvial nesa zona e a eliminar riscos de inundación Ourol, 14 de maio de... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que doce participantes se formaron en carpintaría e oito en atención sociosanitaria, combinando as clases teóricas coa realización de tr... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que se consigna un orzamento de 200.000 euros para a adquisición de edificios no marco da área Rexurbe do municipio Ribadeo, 8 de xullo... Ler máis
O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo entrega das bandeiras en días pasados ao alcalde, Alfredo Llano. O acto comezará ás 12:30h na praia do Portelo, continuará na praia do Ril e f... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o groso das actuacións vai orientado a reducir o consumo enerxético mediante a mellora do illamento de fachadas e cubertas, a renova... Ler máis
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, visitou a área Rexurbe do concello Mondoñedo, 21 de xuño de 2022. A conselleira de... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego colabora co Concello para instalar novos elementos destinados á práctica deste deporte no parque Raíña Sofía Cervo,... Ler máis
O trío galego de cantareiras tocará ás 21.00 horas na Praza dos Campos de San Cibrao, onde tamén actuarán Laura LaMontagne & Pico Amperio Cervo, 14 de xuño de 2022. O trío galego Tanxugu... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego inviste 31.600 euros para reforzar a seguridade viaria en dous treitos da LU-153 e a LU-122 Lourenzá, 9 de xuño de... Ler máis
Lembra que o seu Concello non se presentou ao plan ‘Territorio Cultura’ dotado con 1,2 millóns de euros para reforzar a oferta cultural en pequenos municipios Lugo, 7 de xuño de 2022. A Xunt... Ler máis
O Vicedo, 2 de xuño, 2022. Este xoves 2 de xuño ás 13h presentouse na Casa da Cultura do Vicedo e na praia de San Román a V Romaxe Viquinga que se celebrará os vindeiros 29 e 30 de xullo de... Ler máis
Ribadeo, 1 de xuño de 2022. A Xunta de Galicia apoia un ano máis a Romaxe das Cruces, que se celebrará o vindeiro domingo no santuario de Nosa Señora das Virtudes na Ponte de Arante (Ribadeo... Ler máis
O Vicedo, 1 de xuño, 2022. Este xoves 2 de xuño ás 13h na Casa da Cultura de O Vicedo vai ter lugar a presentación oficial da V Romaxe Viquinga de O Vicedo, que se vai celebrar os días 29 e... Ler máis
Ribadeo, 31 de maio de 2022. O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu a sinatura do protocolo de colaboración entre o Sergas e o Concello para a execución das obras de construción du... Ler máis
O conselleiro de Sanidade e o alcalde asinaron hoxe o protocolo que permitirá a cesión á Xunta da parcela na que se edificará a infraestrutura sanitaria Santiago de Compostela, 31 de maio de... Ler máis
Corresponden ás achegas dos programas para a contratación de perceptores da Risga, socorristas e o Aprol Rural O Vicedo, 26 de maio de 2022. Os concellos da Mariña están tramitando a contrat... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Administración autonómica xestiona neste concello 183 vivendas Foz, 23 de maio de 2022. A Xunta de Galicia entregou hoxe unha vive... Ler máis
Enmárcanse nas actividades da oficina Conecta Lugo, instalada na localidade para asesorar a emprendedores e pemes da comarca da Mariña Ribadeo, 23 de maio de 2022. A Xunta e a Confederación... Ler máis
Na Mariña a Administración autonómica financia a cobertura de 22 postos de traballo en seis municipios con achegas por valor de 286.000 euros Lugo, 20 de maio de 2022. A Consellería de Promo... Ler máis
Lugo, 14 de maio de 2022. A Xunta de Galicia atendeu e analizou as peticións presentadas polo Concello de Muras no proxecto de mellora da LU-540, e de feito executou unha delas como é a cons... Ler máis
No conxunto de Galicia concedéronse incentivos a 42 municipios esgotando o crédito dispoñible, 800.000 euros Cospeito, 11 de maio de 2022. A Xunta de Galicia concede axudas por importe globa... Ler máis
O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, salientou a elevada demanda que está a ter o servizo, que permanece ata mañá en Ribadeo e Barreiros e a continuación desprazarase a Lo... Ler máis
Trabada, 6 de maio de 2022. As unidades móbiles do programa Coidados porta a porta da Xunta de Galicia atenderon dende a súa posta en marcha, o 31 de marzo, a 665 veciños e veciñas nos dez c... Ler máis
Abadín, 6 de maio de 2022. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou por 2.523.082 euros as obras de mellora do firme na estrada autonómica LU-113, ao seu paso polo concello de A... Ler máis
Lugo, 5 de maio de 2022. A Consellería de Emprego e Igualdade vén resolver a orde de axudas pola que colabora cos concellos na contratación de socorristas, que este ano suma 277.000 euros pa... Ler máis


















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



