Viveiro, 22 de setembro de 2025. O PSdeG-PSOE de Viveiro agradecer e felicita a Prato_Do e ao seu responsable, o viveirense Lucas Requejo, pola organización das xornadas “Gastronomía con ADN... Ler máis
Alí tivo lugar un acto Presidido polo Señor Arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco José Prieto González, entre outras Autoridades civís e eclesiásticas, entre as que se atopaba o Presidente da Xunta de Confrarías de Viveiro, José Veiga, quen amosouse satisfeito sobre a importante representación das Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Viveiro cos seus Estandartes e Presidencias, que contribuíron a incrementar a vistosidade e irmandamento do evento, sendo en múltiples momentos agradecidos pola organización polo engrandecimiento que lle deu a Semana Santa viveirense ao evento.
Preto de 200 corredoras e corredores participaron na carreira popular e na andaina entre os dous concellos, así como nas probas para as categorías de formación -pícaros, benxamín, alevín e sub 14/sub 16 que se organizaron na contorna do pavillón de Alfoz.
Celebrouse na Casa do Mar, organizado polo Concello e o Club de Xadrez San Roque. Houbo unha excelente participación, con 23 xogadores e xogadoras repartidos entre todas as categorías. Os gañadores foron: Sub 8: Gael Varela. Sub 10: Javier Fernández. Sub 12: Xulio Pernas. Sub 14: Junliang Wu. Sub 18: David Güeto. Absoluta: Alejandro Alloza. Na entrega de premios participou o concelleiro Alfredo Fernández, que felicitou aos xogadores polo seu gran nivel e animounos a seguir practicando este deporte.
Foi unha concentración simultánea en toda Galicia. No caso da Mariña celebrouse en Ribado nos Cantóns do Moreno.
Rematou con empate técnico entre o Río Xunco e o Río Cobo. Con especial agradecemento a Alba María, Lupe Blanco, Caxoto e Carmen Conde de Tarabela Creativa. O Festival de Narración de Cobo a Xunco levou contos e historias cada venres de setembro a diferentes lugares e parroquias do municipio, cunha programación pensada para persoas de todas as idades que culminou co Peche na Casa da Cultura, nunha batalla dialéctica entre os embaixadores/as dos dous ríos, Xunco (Caxoto) e Cobo (Carmen Conde).
O pasado xoves 25 de setembro mestres da Escola Municipal de Música deleitaron ao alumnado e ao profesorado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón cunhas pequenas pezas musicais a modo de concerto didáctico nos ximnasios de ditos centros educativos de Xove co fin de amosarlles o traballo que día a día realizan nas clases da escola á vez que intentar conseguir novos alumnos para este curso que ven de empezar. Ademáis este mércores tivo lugar a presentación do novo curso da Escola Municipal de Música nunha aula do Colexio de Palmeiro, instalacións que usan a diario para desenvolver a sua programación.
Pola mañá realizarase unha visita guiada ao mosteiro, así como os seus arredores; a medio día visita a Portomarín, e pola tarde a ao pazo de Tor, en Monforte. O prezo da actividade será de 65€ para socios/as e 75 para non socios/as. Para que se realice a actividade deberá haber un mínimo de 20 persoas inscritas. Non se poderá exceder as 30 por limitacións de público nas visitas. Para inscribirse, enviar un correo indicando nome e apelidos. Para aboar o prezo xa se darán instrucións respondendo a dito correo. Tamén se pode facer a inscrición mediante mensaxe de WhatsApp ao 699809606.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital