A sesión será guiada por Henrique Puentes e terá unha duración aproximada de 3 horas, comezando ás 10:00 h. Recoméndase levar calzado axeitado, luvas e tesoiras de poda. Punto de encontro: P... Ler máis
O Vicedo, 25 de novembro, 2025. A saída micolóxica deste ano 2025 vai da man da Sociedad de Instrucción y Recreo La Devesana e da Agrupación Micolóxica Poupariña das Pontes. Será o sábado, 2... Ler máis
O Vicedo, 22 de agosto, 2025. Xa comezaron as XV Xornadas “Memoria dun Tempo” cun acto en dúas partes, ámbalas dúas moi interesantes, e sobre o mesmo tema. Por un lado, a present... Ler máis
Nel aparecen os nomes das persoas que ano tras ano son recordadas na Ponte Vella durante as xornadas “Memoria dun Tempo” de Nordés Faladora. Entregarase un exemplar a cada persoa... Ler máis
Mañón, 4 de novembro, 2024. Héctor e Jessica están a construir no Abeiro do Sor páxina oficial un proxecto que comparten con toda a veciñanza da Faladora. Non hai mellor agradecemento polo q... Ler máis
Mañón, 15 de agosto, 2024. Este domingo 18 terá lugar o primeiro acto das XIV Xornadas Memoria dun Tempo: a descuberta da placa en homenaxe ao que foi alcalde de Mañón dende o 16 de marzo de... Ler máis
Mañón, 23 de xullo, 2024. Coa impresión de ter conseguido de longo o obxectivo inicial, Nordés valora positivamente os resultados da Andaina Solidaria celebrada este sábado pasado 20 de xull... Ler máis
Mañón, 18 de xullo, 2024. Este sábado 20 de xullo celebrarase en O Barqueiro (Mañón) a I Andaina Solidaria organizada pola asociación Nordés en colaboración co Concello de Mañón. O recadado... Ler máis
Mañón/O Vicedo, 15 de xullo, 2024. Este venres, 19 de xullo, remata o prazo de inscricións para a 1ª Andaina Solidaria organizada por Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da... Ler máis
Mañón, 19 de febreiro, 2024. O espazo das Terras da Faladora é unha realidade complexa, onde as personas teñen diferentes xeitos de vida e modos de relacionarse co territorio que habitan. Ne... Ler máis
O Vicedo, 25 de agosto, 2023. As XIII Xornadas “Memoria dun Tempo” rematan este sábado con varios actos e algúns convidados de luxo, persoas moi comprometidas coa Memoria Histórica da nosa t... Ler máis
O Vicedo, 24 de agosto, 2023. “Anarquista solidario e integrador”. Así deste xeito cualificaba Manuel Suárez Sandomingo nun dos seus textos á persoa que será protagonista da segunda sesión d... Ler máis
O Vicedo, 22 de agosto, 2023. Depurar é unha palabra polisémica. Na súa máis empregada e inocente acepción ten un significado positivo: limpar de impurezas. Pero a mesma palabra ten outras a... Ler máis
O Vicedo, 18 de agosto, 2023. Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, fiel ao seu compromiso coa recuperación da Memoria Histórica, organiza unha nova edición das X... Ler máis
O Vicedo, 23 de agosto, 2022. Outro ano máis, e xa van 12, chegan as Xornadas “Memoria dun Tempo” organizadas por Nordés, Asociación polo Desenvolvemento das Terras da Faladora. Unha ducia d... Ler máis
O Vicedo, 31 de maio, 2022. A pandemia cambiou a nosa forma de vida neste último ano e medio en moitos aspectos, sendo no campo das relacións sociais onde podemos dicir que o prexuizo foi ma... Ler máis
O Vicedo, 5 de maio, 2022. O crecemento das propostas de recuperación da memoria histórica a través da Banda Deseñada é un fenómeno ao que Nordés, asociación que ven organizando dende hai 11... Ler máis
O Vicedo, 6 de outubro, 2021. Chegou o outono. A choiva que caeu pola noite fai que no frescor da mañanciña o monte recenda a limpa e vivificadora humidade. Os raios do sol asoman por entre... Ler máis
O Vicedo, 29 de xuño, 2021. O mes de xullo do 61 quedou marcado a madeira, morte e salitre na memoria colectiva dos pobos mariñeiros dende Brest ata Ferrol e máis alá; de tal xeito que agora... Ler máis

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



