Ribadeo, 7 de decembro de 2022. Acisa inaugurou na tarde de hoxe a súa árbore de Nadal, que volve á súa ubicación inicial, á praciña de San Roque. Alí foi creado un espazo único, onde veciña... Ler máis
Ribadeo, 7 de decembro de 2022. En Ribadeo abriu as súas portas esta tarde o XIX Mercado do Nadal e foi inaugurado o alumeado ornamental destas festas, composto por máis de 850.000 luces led... Ler máis
Ribadeo, 5 de decembro de 2022. A XIX edición do Mercado do Nadal de Ribadeo terá lugar do 7 ao 11 de decembro no Parque de San Francisco, onde se darán cita 25 postos de gastronomía, artesa... Ler máis
Ribadeo, 29 de novembro de 2022. Aprobado o orzamento do Concello ribadense para 2023 que ascende a máis de 10.600.000 euros. O concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, subliña que son uns pre... Ler máis
O orzamento de Ribadeo para 2023 ascende a máis de 10.650.000€, un 8% mais que no exercicio anterior
Ribadeo, 24 de novembro de 2022. O orzamento do Concello ribadense para 2023 ascende a máis de 10.650.000 euros, un 8% máis que no exercicio anterior, segundo deu a coñecer o concelleiro de... Ler máis
Ribadeo, 24 de novembro de 2022. O Concello de Ribadeo asinou, un ano máis, un convenio coa asociación Educando en Familia que presta axuda e asesoramento a 40 familias ribadenses con nenos... Ler máis
Ribadeo, 19 de novembro de 2022. O luns, 21 de novembro, ábrese o prazo de inscrición na XXXII San Silvestre de Ribadeo. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, manifestou: “hoxe presentamos... Ler máis
Ribadeo, 19 de novembro de 2022. A Pancha, a moeda local ribadense, será a protagonista dunha exposición que se poderá visitar nas principais rúas da vila e que inclúe tanto paneis explicati... Ler máis
Ribadeo, 16 de novembro de 2022. As primeiras Xornadas de Exaltación da Lura terán lugar en Ribadeo do 25 ao 27 de novembro. Están organizadas por Acisa e contan co financiamento da Área de... Ler máis
Ribadeo, 12 de novembro de 2022. Acisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados e asociadas novos materiais gratuítos para a hostalería. Trátase de bolsas e tamén de envases de comida pa... Ler máis
Ribadeo, 7 de novembro de 2022. Deron comezo os traballos de construción de tres pistas de petanca na rúa Dionisio Gamallo Fierros. O investimento ascende a 14.500 euros e o prazo de execuci... Ler máis
“Os participantes están a elaborar unha vimbioteca destinada á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho para que as nenas e os nenos poidan entrar nela a ler”, segundo explicou a con... Ler máis
Ribadeo, 3 de novembro de 2022. O pavillón da Avenida de Luarca conta cun novo marcador de grandes dimensións e de tecnoloxía led. O investimento ascendeu a 31.500 euros. O concelleiro de De... Ler máis
Ribadeo, 29 de outubro de 2022. Marchan a bo ritmo as obras das pìstas multideporte e do carril bici que está a executar o Concello así como as do barrio da Pega e as da ponte que une Trabad... Ler máis
Ribadeo, 27 de outubro de 2022. A Área de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo do Concello organiza o XIX Mercado de Nadal de Ribadeo, que terá lugar os días 7, 8, 9, 10 e 11 de decembr... Ler máis
Ribadeo, 25 de outubro de 2022. Pouco máis de 20 días despois do comezo da cuarta edición da campaña da Pancha os clientes do comercio ribadense xa compraron o 35% da moeda local posta á súa... Ler máis
Ribadeo, 20 de outubro de 2022. Remataron xa as obras de mellora da área recreativa da Vilavella, que supuxeron un investimento de 40.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, e varios membros... Ler máis
Ribadeo, 19 de outubro de 2022. Esta semana deu comezo na Casa do Concello de Ribadeo a primeira acción formativa do programa Galegas Dixitais, que busca mellorar as competencias dixitais da... Ler máis
Ribadeo, 17 de outubro de 2022. Satisfacción no goberno municipal de Ribadeo pola boa acollida que están a ter as Panchas. Nos primeiros quince días de campaña xa se consumiron o 25% e foi x... Ler máis
Ribadeo, 6 de outubro de 2022. Ata o 17 de outubro estará aberto o prazo de inscrición en Ribadeo + Economía Circular, un programa dirixido ao sector turístico da vila coa finalidade de prom... Ler máis
Ribadeo, 6 de outubro de 2022. O Concello realiza traballos de pintado nas farolas do paseo marítimo Alfonso Rodríguez Castelao. Ata alí se desprazaron o alcalde, Fernando Suárez, e os conce... Ler máis
Ionity adquiriu unha parcela que conta cunha bonificación do 35% Ribadeo, 5 de outubro de 2022. A empresa Ionity, dedicada á instalación de estacións de carga de vehículos eléctricos, situar... Ler máis
Ribadeo, 5 de outubro de 2022. O Mercado dos Domingos pecha a temporada de 2022 o vindeiro 9 de outubro. Esa xornada haberá un obradoiro de cociña con produtos da horta, tapas nalgún dos loc... Ler máis
Ribadeo, 3 de outubro de 2022. Nos dous primeiros días da Pancha, a moeda local de Ribadeo, un cento de persoas se fixeron co seu Panchapeto e o volume de negocio superou os 12.000 euros. O... Ler máis
Ribadeo, 30 de setembro de 2022. Dende o 1 de outubro en Ribadeo xa se poderá pagar con Panchas, coa a moeda local, coa que será posible mercar e gastar ata o 31 de decembro en máis de 100 e... Ler máis
Ribadeo, 27 de setembro de 2022. A Área de Desenvolvemento Local de Ribadeo presenta outro dos enfoques do Ribadeo Suma e que leva por nome, Ribadeo + Economía Circular, que é un programa de... Ler máis
Ribadeo, 21 de setembro de 2022. Ribadeo será escenario os días 23 e 24 de setembro do FestivalEo da Alimentación Sustentable, que organiza Eo Alimenta. O evento foi presentado este mediodía... Ler máis
Ribadeo, 21 de setembro de 2022. Acisa colabora co Concello de Ribadeo na cuarta edición da campaña das Panchas, a moeda local ribadense, que arrincará o vindeiro 1 de outubro e se prolongar... Ler máis


















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



