Ribadeo, 7 de abril de 2022. A Concellaría de Turismo organiza percorridos guiados esta Semana Santa. Serán ás XeoRutas dos Arcos e da Ría e polo Ribadeo Indiano e Ilustrado. Trátase de acti... Ler máis
Ribadeo, 6 de abril de 2022. O Portal de Emprego do Concello, que botou a andar o pasado 29 de marzo está a ter unha boa acollida tanto entre as empresas como entre as persoas demandantes du... Ler máis
Ribadeo, 6 de abril de 2022. Mañá, 7 de abril, terá lugar un pleno extraordinario no Concello de Ribadeo. Na orde do día figuran varias propostas de carácter económico en suplementos de créd... Ler máis
Ribadeo, 5 de abril de 2022. O Concello realizará unha consulta a partir deste mércores entre os vendedores e vendedoras do mercado semanal para coñecer si prefiren manterse no aparcadoiro m... Ler máis
Ribadeo, 5 de abril de 2022. O Concello abrirá proximamente o proceso para a concesión de 3 postos no interior da praza de abastos ribadense, co obxectivo de que a ocupación sexa do total d... Ler máis
Ribadeo, 2 de abril de 2022. A quinta edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo, celebrarase este sábado, 2 de abril. Trece grupos de Galicia e Asturias percorrerán c... Ler máis
Ribadeo, 30 de marzo de 2022. Do 14 ao 22 de maio terá lugar o XV Ribadeo de Tapeo. Os establecementos hostaleiros que desexen participar neste concurso gastronómico teñen ata o 11 de abril... Ler máis
Ribadeo, 29 de marzo de 2022. A Área de Desenvolvemento Local e o Servizo de Orientación Laboral do Concello ribadense poñen en marcha un novo portal de emprego. Segundo o concelleiro Pablo... Ler máis
Ribadeo, 18 de marzo de 2022. O proxecto formativo Ribadeo Suma Emprego, que se vén desenvolvendo dende febreiro e que continuará ao longo dos vindeiros meses, impulsado polo servizo de Orie... Ler máis
Ribadeo, 12 de marzo de 2022. Acisa Ribadeo entregou o seu galardón honorifico a María Josefa Pena Chairo, de Mercería Vizcaya, tras a súa xubilación, e formalizou a súa adhesión á COCAHI (C... Ler máis
Ribadeo, 10 de marzo de 2022. A quinta edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo, terá lugar o vindeiro 2 de abril. O evento foi presentado polos concelleiros de Turi... Ler máis
Ribadeo, 22 de febreiro de 2022. Co obxectivo de mellorar a empregabilidade deu comezo na Aula CeMIT o novo programa de formación do Concello denominado Ribadeo Suma Emprego. A primeira xorn... Ler máis
Ribadeo, 11 de febreiro de 2022. O Concello presenta Ribadeo Suma, un novo proxecto para este 2022, que incidirá nos eidos do emprego, as empresas, o emprendemento, a dixitalización e a sost... Ler máis
Ribadeo, 9 de febreiro de 2022. O Concello acometerá obras de mellora na rúa Xusto Barreiro, no barrio de San Miguel e nos vieiros transversais desa zona. Darán comezo a vindeira semana e se... Ler máis
Ribadeo, 24 de xaneiro de 2022. Concello de Ribadeo e Área de Deportes da Deputación de Lugo asinarán o convenio para realizar a mellora global das instalacións que o Club de Piragüismo Altr... Ler máis
Ribadeo, 21 de xaneiro de 2022. Última xornada de traballo da delegación, conformada por Concello de Ribadeo e Acisa, que estes días fai promoción dos potenciais turísticos ribadenses en Fit... Ler máis
Ribadeo, 20 de xaneiro de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, mantiveron esta mañá en Madrid unha xuntanza co director xeral de Sepes, para darlle un... Ler máis
Ribadeo, 20 de xaneiro de 2022. Co propósito de seguir a promocionar a vila como destino turístico o Concello ven de editar o calendario RibadeoXQSi 2022. O concelleiro de Turismo, Pablo Viz... Ler máis
Ribadeo, 19 de xaneiro 2022. Esta mañá inaugurouse en Ribadeo a mostra “A memoria do son”, con fondos instrumentais e do arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Vicep... Ler máis
Ribadeo, 19 de xaneiro de 2021. Concello de Ribadeo e Acisa mantiveron nas últimas horas unha xuntanza para abordar os próximos meses de traballo conxunto en diferentes actuacións relativas... Ler máis
Ribadeo, 18 de xaneiro de 2022. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, fai un balance positivo a satisfactorio da terceira edición da campaña da Pancha, a moeda local de Ribad... Ler máis
Ribadeo, 28 de decembro de 2021. O 31 de decembro conclúe a terceira edición da campaña da Pancha, a moeda local de Ribadeo. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo... Ler máis
Ribadeo, 23 de decembro de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, recibiron no Concello a Francisco Iriarte e Jesús Pérez, presidente e xerent... Ler máis
Ribadeo, 17 de decembro de 2021. No pleno extraordinario celebrado onte no Concello de Ribadeo foron aprobados os orzamentos de 2022 que ascenden a case 10 millóns de euros. O concelleiro de... Ler máis
Ribadeo, 14 de decembro de 2021. Os orzamentos para 2022 do Concello de Ribadeo rozarán os 10 millóns de euros, sen que se incrementen os impostos e as taxas de competencia municipal. O equi... Ler máis
Ribadeo, 3 de decembro, 2021. O mercado poderase visitar ata 8 de decembro no parque de San Francisco. Son 25 postos de artesanía e alimentación os que poderán atopar aquelas persoas que se... Ler máis
Ribadeo, 2 de decembro de 2021. Desde a tarde deste venres, día 3, ata o mércores 8 poderá visitarse no Parque de San Francisco o Mercado do Nadal de Ribadeo. Nesta XVIII edición haberá 25 p... Ler máis
Ribadeo, 19 de novembro de 2021. Acisa presenta as súas novas bolsas. Trátase dun paquete de 30.000 unidades, que están dispoñibles para o comercio e para a hostalaría asociados. Esta inicia... Ler máis
Ribadeo, 27 de outubro de 2021. A Concellaría de Desenvolvemento Local desenvolverá a segunda edición de Reinicia Ribadeo, o programa de transformación dixital para as empresas e autónomos l... Ler máis
Ribadeo, 25 de outubro de 2021. O Concello de Ribadeo organiza unha charla que pronunciará o arqueólogo submarino Miguel San Claudio para presentar o resultado das inmersións realizadas dent... Ler máis


















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



