NOTA DE PRENSA O voceiro de Medio Rural do Grupo Popular, Roberto Castro, insiste en que a Xunta mantivo unha actitude irresponsable ao minimizar o risco da enfermidade e retrasar a implanta... Ler máis
NOTA DE PRENSA O voceiro de Medio Rural do Grupo Popular, Roberto Castro, insiste en que a Xunta mantivo unha actitude irresponsable ao minimizar o risco da enfermidade e retrasar a implanta... Ler máis
O acto consistiu na proxección dun vídeo con fotos da súa etapa en Infantil e despois de que lles impuxeran o birrete entregáronlles diploma e orla para rematar cantando unha canción. As súas titoras e titor -Judit, Mar e Jacob- destacaron o traballo deste alumnado que para setembro xa será de Primaria e desexáronlles sorte na nova etapa.
Este obradoiro terá duración de catro sesións e realizaranse nas instalacións da Escola Municipal de Música, en Palmeiro. Está destinado a todos os rapaces dende primeiro de primaria en diante que lles guste a música. Poderán utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música. Para inscribirse terán que cumprimentar unha folla de inscrición, e entregala presencialmente na Escola de Música o primeiro día do taller. O obradoiro realizarase os sábados 3, 10, 17 e 24 de xuño en horario de 11:00 a 12:00 h, finalizando a actividade coa participación conxunta no Concerto de Fin de Curso da escola de Música.
Os feitos transcorreron no marco dunha festa na localidade mariñá, onde se producira unha agresión de diversa consideración a dúas persoas de orixe caboverdiano e paquistaní. A Garda Civil detivo a dous veciños deste concello, de 33 e 44 anos de idade, como supostos autores deste delito de lesións. A investigación policial continúa aberta non descartando novas detencións.
Nestes tempos en que todos os indicadores apuntan a un aumento dos accidentes de traballo e, polo tanto, a un repunte da siniestralidade laboral, é un orgullo para o centro poder contar con este distintivo que, por desgraza, moi poucas empresas acadan. "Desde o Martínez Otero continuaremos traballando nesta liña de prevención da saúde física, mental e social que tantas veces pasa desapercibida e que nós consideramos de vital importancia".
Os pequenos e pequenas celebraron a primavera a través desta festa popular de exaltación da natureza e desfrutaron dunha divertida merenda ao aire libre.
Adxuntamos foto.
Será este sábado, 3 de xuño, no polideportivo do Colexio El Pilar, de Foz. Hai rexistrados máis de 80 participantes de Galicia e Asturias.
As persoas interesadas poden consultar o listado na propia Escola Infantil Municipal ou no departamento municipal de Servizos Sociais. O prazo de alegacións remata o 7 de xuño e o prazo de formalización de matrícula é do 8 ao 23 de xuño.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital