NOTA DE PRENSA: Pediu un Plan de axudas, e facer un estudo para realizar un Plan de prevención REGO RECLAMA “INVESTIMENTOS DE URXENCIA”, PARA A MARIÑA DE LUGO POR MOR DAS INUNDACIÓNS –... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Concello de Ribadeo e Deputación Provincial de Lugo traballan conxuntamente desde onte na reparación dos danos causados polas inundacións e as riadas de hai dúas semanas. O... Ler máis
NOTA DE PRENSA: “A contía das axudas da Xunta non dan nin para pipas”, afirma Veiga O BNG considera unha esmola as axudas do Goberno Galego para. O Bloque Nacionalista Galego considera unha... Ler máis
BURELA .- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, apremiou hoxe a tódalas administración a respostar ao ofrecemento da Xunta de Galicia para impulsar a creación dunha comisión... Ler máis
CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, valorou positivamente a visita desta mañá ao concello do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, na que comprobou en primeira per... Ler máis
CERVO .- No día de onte -e despois de recibir a chamada da delegada provincial da Xunta de Galicia e do xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente- o Concello de Cervo remitiu á admin... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo segue a traballar para tentar recuperar a normalidade nas parroquias que se viron afectadas polas inundacións destes días. O alcalde manifestou que “tr... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- As brigadas municipais traballan para tentar restablecer a normalidade no concello de Ribadeo. Parte dos esforzos céntranse en restaurar o subministro de auga a moitas parro... Ler máis
NOTA DE PRENSA: A XUNTA AÍNDA NON REPAROU OS DANOS DAS RIADAS NO CONCELLO DE CERVO A PESAR DE PROMETER “DILIXENCIA E CELERIDADE” ALFONSO VILLARES MÓSTRASE MAIS “PERMISIVO” COA TARDANZA DE FE... Ler máis
















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



