Como nos mellores tempos dos anos oitenta, cando o nacionalismo aínda comezaba a saír do seu letargo, neste comezo de curso político os dous partidos supeditados ás rúas Génova e Ferraz dero... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo fixo público un bando para informar do ordenamento do tráfico nas rúas de Ribadeo debido a diferentes obras que van comenzar: BANDO O ALCALDE RIBADEO FA... Ler máis
FOZ .- A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz denuncia publicamente o caos de tráfico na vila. Tal e como vimos facendo desde que empezaron as obras de canalización na Avenida da Mariña,... Ler máis
FOZ .- A asociación de veciños O Castro de Foz fai unha valoración dos problemas de tráfico durante o verán “a pesar das advertencias e peticións feitas” pola entidade veciñal qu... Ler máis
BURELA .- Sobre as dez e media da mañá morreu en Burela unha persoa a causa dun accidente de tráfico na N-642, na proximidade do punto quilómetro 47,2. O accidente consistiu na colisión fron... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- A xunta de goberno aprobou o proxecto de construción dunha rotonda no acceso urbano a Ribadeo que terá 36 metros de diámetro e que suporá un custe de 116.000 euros. Segundo... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Deportes, Vicente Castro, anuncia que haberá importantes restriccións de tráfico a finais desta semana no transcurso da celebración da II Volta Ciclista ás... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O Concello prepara un plan para regular o tráfico rodado en Rinlo. O alcalde, Fernando Suárez, recoñece que “levamos varios meses dialogando sobre todo coa asociación de vec... Ler máis
A MARIÑA .- O responsábel do sector do mar do sindicato CIG, Xavier Aboi, e o responsábel de negociación, Xesús García Couso, denunciaron a situación “de escravitude” na que se atopan mariñe... Ler máis
BURELA .- O luns pechará ao tráfico a rúa Torrentes e a rúa Buenos Aires, recomendan o acceso ao porto de Burela pola rúa Eijo Garay para turismos e pola avenida de Aa Mariña para vehículos... Ler máis
BURELA .- O Concello de Burela realiza cambios de tráfico para acometer as obras de saneamento e de canalización do cableado de telecomunicación na rúa das Flores, segundo informa no día de... Ler máis
BURELA.- A partir do día 21 de xullo, haberá cambios no tráfico rodado no final da rúa Celso Emilio Ferreiro de Burela, segundo ven de anunciar o concelleiro de Obras, Pascual Domenech. As... Ler máis
















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.



