Xove, 16 de decembro, 2025. A Concellaría de Cultura do Concello de Xove anuncia unha nova edición do seu tradicional Concerto de Nadal, unha cita xa consolidada dentro da programación cultu... Ler máis
Participaron arredor de 60 alumnos das escolas de música de Xove, Ribadeo, Mondoñedo, Lugo, Foz e Burela, cun excelente resultado. Interpretaron temas de música galega e da pedagoga Sheila N... Ler máis
Este mércores foi o prato forte coa presentación do conto musical infantil “Unha perla no mar”, no Salón de Actos do Centro Cívico. Ler máis
Xove, 11 de abril, 2022. O Curso comezou este pasado sábado nas instalacións do antigo Colexio Público de Palmeiro, que é a sede da Escola Municipal de Xove. Conta con 4 profesores de moito... Ler máis
Será na Aula de Orquestra. O director do centro, Xan Carballal, comenta que “a actividade enmárcase dentro da programación deseñada para o presente curso académico 2021-2022”. O mércores, dí... Ler máis
Burela, 14 de outubro de 2021. Do 25 ao 29 de outubro terá lugar na Escola Municipal de Música de Burela un taller de danza e movemento, que impartirá a profesora Marina Rojas. Na cita, que... Ler máis
O XI Curso de Verán da Escola Municipal de Música de Burela celebrarase do 30 de xuño ao 16 de xullo
Burela, 25 de xuño de 2021. A Escola Municipal de Música de Burela organiza o XI Curso de Verán que se desenvolverá do 30 de xuño ao 16 de xullo. Os primeiros días os rapaces e rapazas parti... Ler máis
Xove, 24 de marzo, 2021. A presentación do XXX Curso de Música de Semana Santa de Xove celebrouse este mércores no Salón de Plenos do Concello, coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a... Ler máis
















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



