NOTA DE PRENSA: FERNANDO SUÁREZ SOLICITA UNHA ENTREVISTA CO CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA PARA COÑECER EN QUÉ FASE SE ATOPA A CREACIÓN DO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NA VILA, UN... Ler máis
“Quando os nazistas levaram os comunistas, eu calei-me, porque, afinal, eu não era comunista. Quando eles prenderam os sociais-democratas, eu calei-me, porque, afinal, eu não era socia... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de solicitar un encontro co conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, coa intención de coñecer cales son as previsións da Xunta p... Ler máis
Nota de Prensa Barcia: “a xuiza encargarase de depurar as responsabilidades penais pero as explicacións políticas correspóndenlle a Besteiro” * GPPP reitera o seu respeto ás actuacións inici... Ler máis
NOTA DE PRENSA Todas os grupos políticos locais, asociacións veciñais e sindicatos coinciden na importancia de dispoñer desta nova unidade xudicial. A Xunta continúa a facer oídos xordos des... Ler máis
Nota de Prensa Begoña Santos afirma que “mentres non exista Ribadeo como partido xudicial, non se poderá crear un xulgado na súa sede” A directora xeral de Xustiza explicou, na Comisión 1ª d... Ler máis
NOTA DE PRENSA A directora xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Begoña Santos, confirmou que entre os sete novos xulgados que se crearán na nosa comunidade non estará a recuperación da sede... Ler máis
RIBADEO .- O deputado do PP José Manuel Balseiro, publica un comunicado no que insiste na recuperación do Xulgado de Instrución e Primeira Instancia para Ribadeo. Considera que se non se ten... Ler máis
RIBADEO.- O Grupo Provincial do PP lamentou hoxe que socialistas e nacionalistas se negasen a que a Deputación inste á Xunta á crear máis xulgados na provincia de Lugo, entre os que se incl... Ler máis



















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



