Cun investimento de 19M€, inclúe a instalación dunha nova liña de fabricación de queixo no formato de tres quilogramos de peso, elaborado con leite de vaca, cabra e ovella, e nas variantes d... Ler máis
Foz, 17 de febreiro de 2023. AciaFozCCA sorteou hoxe os 1.500 euros en vales de compra da súa campaña de San Valentín. Os premios serán entregados o vindeiro venres, 24 de febreiro, ás 20:00... Ler máis
A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, presentou as recentes convocatorias de axudas ao emprego 2023 aos graduados sociais de Lugo Lugo,... Ler máis
En decembro do 2022, a Xunta adxudicou por preto de 1 millón de euros a obra que permitirá incorporar a nova resonancia magnética do Hospital da Mariña Lugo, 12 de febreiro de 2023. A Xunta... Ler máis
Foz, 3 de febreiro de 2023. AciaFozCCA sortea 1.500 en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que ten lugar do 3 ao 14 de febreiro. O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, ex... Ler máis
O presidente da Xunta visitou as instalacións da firma en Outeiro de Rei, recentemente adquiridas por Industrias Lácteas Asturianas Outeiro de Rei, 17 de xaneiro de 2023. O presidente da Xun... Ler máis
Os participantes realizaron unha visita guiada ás obras da planta de biorresiduos de Cervo, que dará servizo a un total de 15 concellos Cervo, 24 de novembro de 2022. A Xunta de Galicia orga... Ler máis
Foresa e Iberdrola estudan levar adiante un investimento de 500M€ nesta proposta que tería un impacto importante na industria local, coa creación de medio cento de postos de traballo indefin... Ler máis
A tramitación destes parques, ao superar cada un deles os 50MW, depende do Goberno central, polo que desde Galicia se agarda que colabore na súa axilización para que a empresa poida contar c... Ler máis
O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e a concelleira Pilar Otero clausuraron as actividades tras dúas mesas redondas nas que participaron José de Cora, Pilar Falcón, Lois Celeiro,... Ler máis
A acción “Cociña en directo” está enmarcada nun proxecto piloto liderado polo GDR Terras de Miranda, apoiado pola Xunta e realizarase co apoio do Concello de Ribadeo Ribadeo, 22 de xullo, 20... Ler máis
Antas do Ulla, 22 de decembro de 2021. O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta porá en marcha en todas as áreas sanitarias equipos de xeriatras ou intern... Ler máis
Compostela, 15 de xullo, 2021. O Consello da Xunta analizou hoxe un informe sobre a orde pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o ano 2021 coas que apoia... Ler máis
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021. O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron esta... Ler máis



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



