Nota de Prensa
ARMADA QUERE SABER SE A EDIL LOCAL E VICEPRESIDENTA SEGUNDA DA DEPUTACIÓN É A RESPONSABLE DE QUE OS TRABALLOS DE MANTEMENTO DAS ESTRADAS PROVINCIAIS DE CERVO DERAN COMEZO NA DERRADEIRA SEMANA DE AGOSTO
o A edil de Medio Ambiente asegura que o inicio nestes días dos traballos de roza das cunetas por parte do ente provincial non pode agochar o “abandono de responsabilidades” demostrado polo Goberno de San Marcos no que se atopa a cervense Lara Méndez
Cervo, 21 de agosto de 2010.- A concelleira de Medio Ambiente de Cervo, Pilar Armada, afirmou que os traballos de limpeza nas estradas provinciais do termino municipal de Cervo que se están a facer estes días “chegan desgraciadamente moi tarde” e dixo estar especialmente interesada en coñecer se este “flagrante atraso” se debe ou non á “deixadez, neglixencia e irresponsabilidade da vicepresidenta segunda da Deputación e concelleira socialista en Cervo, Lara Méndez”.
A edil popular dixo que “ao parecer, os responsables da Deputación -con Lara Méndez á fronte- decatáronse por fin de que aquí tamén teñen estradas da súa competencia e que ao igual que as do resto da provincia, tamén necesitan de labores periódicas de mantemento”.
Para Armada, os traballos que está a facer estes días a Deputación nas súas estradas do termino municipal de Cervo non poden agochar “a indolencia, inoperancia e abandono de responsabilidades” do grupo de Goberno provincial. Para a responsable local de Medio Ambiente, aínda que estes traballos de roza e limpeza “non veñen mal”, chegan “tarde e a rastro”. O que demostra, segundo ela, “unha vagancia e inoperancia dos responsables provinciais -entre os que figura unha concelleira desta corporación- que nestes tres anos e medio se teñen caracterizado por ter sempre os seus deberes sen facer e pola folganza en todo o que teña que ver co Concello de Cervo” recalcou a edil do grupo de Goberno cervense.
A responsable local en materia medioambiental botou man da ironía para recordarlles aos responsables do organismo provincial que en Cervo “aínda que poda parecer mentira, o verán chega casualmente ao mesmo tempo que na capital da provincia; e o lóxico sería que fixeran estes traballos en xuño e non na última semana de agosto, cando a densidade de tráfico polas estradas é moito maior; e os que as utilizan atópanse cun estado das carreteiras semi salvaxe. Isto debería de sabelo tamén a señora Méndez, aínda que parece que xa lle esqueceu dende que non vive en Cervo” afirmou.
Armada lamentouse do mal estado que presentaron as estradas provinciais durante estas datas. “Algo que veciños e visitantes teñen aínda desgraza de sufrir porque a día de hoxe aínda faltan moitas vías por limpar, como a que vai de Cuíña a Cervo. E isto a pesares de que dende o Concello remitimos á Deputación reiteradas comunicacións ao respecto, sen que ata o de agora se dignaran a contestar nin sequera a un so dos múltiples escritos que lles enviamos solicitando que acometeran a limpeza das estradas da súa competencia, tal e coma é a súa obriga”





















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



