18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Segue aberto o prazo para matricularse nos XVIII Encontros Pedagóxicos da Mariña

22-09-10

Nota de prensa:
A CIG-ENSINO informa que aínda está aberto o prazo para matricularse nos XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DA MARIÑA LUGUESA que se van a celebrar no IES Monte Castelo do 27 de Setembro ao 1 de outubro en horario de 16:30 a 20:30 (o mércores 29 non se celebra pola Folga Xeral)

Estes Encontros van dirixidos a profesorado de infantil, primaria e secundaria así como a todas as persoas interesadas e relacionadas co mundo do ensino.. Os obradoiros que se van a impartir son os de Webquest, Educando as Sexualidades e un terceiro de Creatividade Artística na Escola. Ademais, haberá unha visita por Burela, visitando o barco museo, a confraría e a nave de redeiras, a presentación dunha experiencia de normalización sobre o “Modelo Burela”e unha posta en escea coa “Burela Blues Band”. Estes Encontros están homologados pola Consellería de Educación e equivalen a 16 horas de formación.

A matricula pode formalizarse na páxina web da as-pg durante esta semana ou ben chamando ao teléfono 982 12 95 93.

A matricula pode formalizarse na páxina web da as-pg durante esta semana ou ben chamando ao teléfono 982 12 95 93.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive