22 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

As cousas do futuro

23-10-10

As cousas do futuro que vén non se poden chamar de calquera forma. Da mesma forma que un Premio Nobel non pode ter calquera nome. Miren por exemplo a nómina dos últimos nóbeles de literatura: Vargas Llosa, Herta Müller, Doris Lessing, Orhan Pamuk, Harold Pinter… Que parece a aliñación do Bayer de Munich. Pero a que non atopan un Nobel de Literatura que se chame Engracia Fernández Lopez?. Xa me imaxino a deliberación en Oslo: A quen llo damos a Fernández López ou a Vargas Llosa?. Pois cos cambios, o mesmo. No canto de trola ou mentira mentireira, DESAXUSTE ARMONIO. No canto de me escojono, POLITICAMENTE INCORRECTO.

De todas formas e bó e xeneroso cos veciños, amigos e familiares desconfiár do cambio, de todos os cambios pois cando alguén convence a moitas persoas do irreversible do cambio, cando conseguiu integrar na linguaxe habitual os seus neoloxismos, cando logra en definitiva impor o papel hixiénico a topos, como a bata de Lola Flores pero para utilizar nas “temporas” entón un debe meter a marcha atrais, pasando primeiro por reducir a primeira e parar ,” A mensaxe chegou desnaturalizada ao destinatario….”

Agora, sempre temos un “agora” cada dia do ano, podemos crear un novo futuro. E o máis importante para elo e ter claro, pero moi clariño que sempre temos razón. Se o cambio non se produce, como vaticinaramos “xa dicía eu que se esaxerou en exceso as previsións…..”; e se canta a frauta e o cambio prodúcese, “fun o primeiro que dixen que isto pasaría”.

De todos os xeitos, todos estas lerias non son mais que “papel mollado”, puros divertimentos mañaneiros de alguén que intenta facer da ironía critica política, entendendo A POLÍTICA, como aquela cousa que intenta o mellor goberno da Polis, cidade, vila ou entorno, iso si, esperando que sirvan para algo . Porque, silencio, nada será como antes, silencio.

Otero Regal

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive