A CONSELLERÍA DO MAR CIFRA OS DANOS OCASIONADOS POLO TEMPORAL “BECKY” NAS ESTRUTURAS PORTUARIAS EN MÁIS DE 4,3 MILLÓNS DE EUROS
?? Á parte das estruturas portuarias quedan pendentes de avaliación os posibles danos ocasionados nas zonas marisqueiras, nas embarcacións e mais nas artes e aparellos, ao tratarse dun estudo que require máis tempo para obter os resultados
?? A Xunta de Galicia comezará as dilixencias oportunas ante a compañía aseguradora das estruturas portuarias para que se faga cargo do pagamento dos danos ocasionados polo fenómeno meteorolóxico adverso
?? Na procura da salvagarda dos habitantes dos municipios afectados actuarase inmediatamente naquelas instalacións cuxos danos poidan ocasionar un perigo para os cidadáns
A Consellería do Mar trasladou hoxe ao Consello da Xunta un informe en que dá conta das consecuencias do temporal “Becky” no relativo ás instalacións portuarias. O departamento que dirixe Rosa Quintana realizou unha avaliación económica dos danos nos portos galegos e establecen o importe de 4.349.344 de euros como orzamento inicial dos danos ocasionados polo temporal nestas infraestruturas. Neste sentido, a Xunta de Galicia anunciou que comezará as dilixencias oportunas ante a compañía aseguradora das estruturas portuarias para que se faga cargo do pagamento dos danos ocasionados polo fenómeno meteorolóxico adverso.
Durante o consello celebrado hoxe determinouse que a relevancia das avarías rexistradas fai necesaria a súa pronta reparación co fin de garantir o correcto funcionamento da estrutura, acadar unha normalización da actividade portuaria e evitar calquera risco para a integridade física das persoas. Deste xeito, comezarase de inmediato a reparación daqueles danos en estruturas que poidan supor un perigo para os habitantes dos municipios afectados.
A pesar desta primeira aproximación das perdas ocasionadas por “Becky” en Galicia, quedan pendentes de avaliación os posibles danos orixinados nos recursos mariños, nas embarcacións e mais nas artes e aparellos. O tempo e o mal estado do mar son factores que están a atrasar este estudo que precisa de máis tempo para poder obter resultados.
Principais danos
O temporal afectou sobre todo os portos da provincia de Lugo e do norte da provincia da Coruña. Así, vironse afectadas as instalacións portuarias de Ribadeo, Rinlo, Foz, Burela, San Cibrao, Portocelo, Celeiro, O Vicedo e O Barqueiro -na provincia de Lugo- e Bares, Espasante, Cariño, Mugardos, Suevos, Malpica de Bergantiños, Arou, Laxe, Camariñas, Santa Mariña e Camelle na provincia da Coruña. Os portos da provincia de Pontevedra case non sufriron danos, só pequenas incidencias derivadas do forte vento que tiveron como consecuencia voaduras de tellados, desprendementos de tellas e pequenas avarías na iluminación.
Na zona norte, desde Ribadeo a Mugardos, o orzamento estimado dos danos é de 3.499.644 euros. Entre as perdas ocasionadas nesta zona destacan as do porto de Cariño onde os estragos se produciron no peche do porto das instalacións do PBIP (instalacións de seguridade do peirao comercial). Ademais caeron 50 metros do murete de proteción e romperon as portas dos departamentos de usuarios. No porto de San Cibrao a forza do mar levou unha parte do dique de proteción, o aire levantou os tellados de dous departamentos de usuarios e caeron varios portais. No porto de Bares viuse moi afectada a escollera do dique e producíronse importantes avarías nas rampas e pavimentos. En Ribadeo perdeuse a proteción do dique así como as canalizacións, arquetas e tapas de sumidoiros. No peirao de Espasante o temporal afectou a diversos peches e o muro do contradique. Ademais viuse afectado o pavimento e a iluminación.
Na denominada zona centro, comprendida entre Suevos e Muros, o orzamento inicial estimado para sufragar os gastos das incidencias polo fenómeno meteorolóxico adverso é de 849.600 euros. Así, entre os danos ocasionados destaca o porto de Malpica de Bergantiños, onde a forza do mar fixo que se desprendese parte do muro próximo á lonxa e que se desprazasen algúns bloques do dique. No porto de Corme e tamén no de Laxe, resultaron afectados os diques de defensa. No porto de Suevos as perdas afectaron fundamentalmente os departamentos de usuarios polo derrubamento de portas e a caída de dous soportes de iluminación. Tamén sobresaen os danos acaecidos en Camelle, onde a auga danou, entre outros, o pavimento do porto.
O temporal “Becky” rexistrou ondas de ata 17 metros na Coruña, situáse nos 10 metros. Os danos máis importantes producíronse pola combinación de fortes ondas, ventos superiores a 90 quilómetros/hora e a incidencia da preamar viva.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



