Dun tempo a esta parte fálase sen cesar dunha cuestión tan peliaguda e mal manexada e peor entendida como a igualdade sexual, é dicir, a intención de que o mundo funcione do mesmo xeito, sexa este ben, mal ou regular, tanto para o home como para a muller. Nese sentido, eu, dende logo, coñecedor das virtudes e defectos do meu sexo e das continuas e reiteradas equivocacións da sociedade e da historia, apoio con todo o meu sentidito común esa iniciativa: a de que todos sexamos iguais, e que non importe o noso sexo, nin raza, nin relixión á hora de conseguir un traballo ou ter dereito ao voto, ou o que sexa, que tampouco vamos a ir agora con caralladas e ruxe ruxes.
Con todo entendo que non se está poñendo en práctica correctamente ese proceso de igualdade sexual, e que a miña xeración, a máis concienciada de que as persoas somos persoas, ante todo, independentemente do noso sexo, estamos sufrindo os efectos colaterais diso que quixeron chamar “igualdade” e que, ao parecer, consiste en que algunhas mulleres, nos dividan en cans, porcos e paxaros, ou que os anuncios da estúpida televisión nos pinten como lelos, insensibles e algo porquellos, ou que se escriba “os/as” alá onde leamos ou ao revés, porque hai que ser politicamente correctos.
Lin en algún sitio que alguén mantiña que a discriminación positiva é necesaria mentres non esteamos ao 50% ámbolos sexos. Ben, esa é a xenial idea? Eliminar as diferenzas e desfacernos da discriminación discriminando? Quero que me valoren por quen son, polo meu comportamento e o meu traballo, e que non se me negue o que sexa pola miña raza, a miña relixión ou o meu sexo. Se imos eliminar barreiras, fagámolo ben e non repitamos os mesmos erros, que xa somos maiorciños, tanto homes como mulleres.
Admito que o sector feminino foi, desgraciadamente, moi prexudicado durante a historia e que iso debe corrixirse o máis rápido posible. Pero na miña opinión, ter que regular esas cousas por porcentaxes non é aconsellable. Por que ten que haber unha porcentaxe de mulleres en política? Se hai máis mulleres que homes que saben facer política, que elas sexan protagonistas, e se non, pois ao revés. Sen marcarse límites e atendendo a virtudes e capacidades, e sen atender ao matiz sexual., sobre todo agora en precampaña electoral, que onde a triste realidade e que algúns alcaldes en vez de levar mulleres levan floreiros.
Otero regal





















Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.



