23 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A delegación de Sanidade de Burela iniciou o reparto de iogures no colexio Vista Alegre e Virxe do Carme

16-02-11

Nota de prensa
A DELEGACIÓN DE SANIDADE TILDA DE ÉXITO A CAMPAÑA DE REPARTO DE IOGURES LÍQUIDOS NOS COLEXIOS, QUE DABA COMEZO NA XORNADA DE ONTE. EN TOTAL FORON ENTREGADOS 570.

Burela, 16 de febreiro de 2011. A Delegación de Sanidade de Burela tilda de éxito a campaña de reparto de iogures líquidos nos colexios da vila, que daba comezo na xornada de onte. En total foron entregados 570 iogures, 215 no Vista Alegre e 355 no Virxe do Carme.

Sonia Fraga agradece “aos colexios e aos pais e ás nais dos nenos de Burela a súa colaboración para poder levar adiante dita campaña, coa que queremos concienciar aos rapaces/as e titores legais, da importancia da inxesta do leite ou iogur para a formación dos osos nos rapaces/as de idade temperá, e para a prevención de enfermidades”.

O reparto dos iogures líquidos nos colexios seguirá os días 1, 15 e 29 de marzo; 5 e 26 de abril; 3, 18 e 31 de maio e 14 de xuño.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive