Nota de prensa
X Certame de Poemas de Amor
O xurado reuniuse o día 21 de febreiro para seleccionar os/as gañadores/as do X Certame de Poemas de Amor. A participación neste certame foi de 62 dos cales hai que salientar os poemas recibidos de fora de Foz coa participación de xente de Lugo, Ourol, Burela, Ribadeo, As Pontes, Cee, Vilalba… na categoría de adultos, sendo o participamte de maior idade de 83 anos, cousa salientable e de especial mención.
A Biblioteca Pública quere agraceder a todos/as a participación neste certame e sintese satisfeita de que un certame destas características encontre oco entre xentes de todalas idades. Agradecer tamén aos patrocinadores Restaurante Asador a Quinta e Viaxes Rodríguez a súa xentileza na colaboración cos premios que ofrecemos.
Os/as gañadores/as foron os/as seguintes:
Categoría Xuvenil:
1º premio, 50€ e cea
“Melodia da Paixón” – Lucía Barrera López (Foz)
2º premio, 30€ e cea
“Mirarte” – Lucía Otero López (Burela)
Categoría de Adulto:
1º Premio, 100€ e noite de hotel para dúas persoas.
“Soñandote em silencio” – Rocío Leira Castro (Cee)
2º Premio, 60€ e cea
“O sentimento de quererte” – Jesús Manuel Rodríguez Rubio
A entrega dos premios será no vindeiro Festival dos Namorados que se celebrará o sábado día 26 de febreiro ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura e que contará cunha actuación especial do grupo focense “Mar Aberto”, con temática romántica.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



