06 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Veciños de Burela séntense estafados por unha oferta inmobiliaria

12-02-11

Nota de prensa

Fai uns meses, comezou a circular por Burela unha carta, supostamente do Ministerio de Vivenda, na que se animaba ós veciños a participar na adquisición dunha serie de vivendas situadas nun edificio moi cercano ó Hospital da Costa, a modo de vivendas de protección oficial. Ó parecer a empresa Vilamiño era a responsable desta operación e os interesados tiñan que entregar determinada documentación nun banco, encargado de escoller os futuros propietarios das vivendas, así transcorreu un prazo no que os interesados fomos, á parte de recopilar e entregar toda a documentación, algúns de nos, pedindo axudas e subvencións para a vivenda.

O sistema era o seguinte: os propietarios formabamos unha cooperativa que cada mes asume o pago das vivendas, de xeito que se algún mes un membro da cooperativa non podía pagar, o resto asumían esa débeda.

Transcorreu o tempo ata que esta semana, o martes 8 fomos citados os agraciados coas vivendas para unha cita o xoves 10 ás 10 da mañá no propio edificio. Cando chegamos alí e agardabamos apareceu o dono de Vilamiño reuniunos nunha sala no interior do edificio. Explicounos todo o proceso, posto que algúns dos futuribles propietarios aínda non coñecían o sistema anterior e ó rematar comunicounos que finalmente todo era unha estafa que á el e á súa empresa lle fixeron.

Ante a incredulidade dos asistentes, explicounos que con el contactara unha cooperativa de Burgos para ofrecerlle esa operación e que a víctima era él, posto que acababa de recibir unha notificación auténtica do Ministerio de Vivenda reclamándolle que o que pretendía facer era ilegal e que o ministerio descoñecía e por suposto non se facía responsable das cartas falsas que dese mesmo ministerio membrete oficial incluído circularan pola vila.

Acto seguido e mentres a meirande parte dos presentes seguíamos sen poder crer o sucedido e mostrabamos o noso malestar ofreceunos una única solución, que era un aluguer con opción a compra das vivendas un 40 % mais caras. Cando a maioría comezaba a marchar, algún preguntou se nos podía firmar a opción de compra por escrito e negouse, dándolles simplemente a súa palabra, cousa que a meirande parte dos asistentes, por suposto non aceptamos.

Cando o dono de Vilamiño veu que se lle estaba a escapar 26 compradores de unha vivenda, nunha última intentona comentou que podía volver a por os pisos en venta libre a un prezo moi superior o amosado na publicidade e nos documentos que entregara os días anteriores. Supostamente a subvención que otorgaran o edificio, xa non valía e un piso de 50m2 pasaba de 53.517€ (178.39€ * 12 meses * 25anos)  a valer 82.140€.

¿Para onde ía o 40% de axuda que tiñan estes pisos? Non o sabemos, pero menos mal que non entregamos os 1000€ de entrada senón estaríamos falando de unha estafa maior.

Tódolos afectados mostramos o noso malestar e a nosa indignación e sentímonos estafados e enganados, posto que cremos que se xogou coas nosas ilusións. Uns pediron días no seu lugar de traballo para xestionar a compra, outros xa comezaran a planificar como amoblalos pisos e moitos de nos teremos que devolver subvencións que foron ou  poden ser concedidas.

Un grupo de veciños de Burela estafados polo caso Vilamiño.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive