A Concellería de Cultura de Burela , a través da Biblioteca Pública Municipal de Burela, ven de publicar o fallo do xurado do Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2015”, na súa fase local, no cal participaron todos os nenos do Concello con narracións e debuxos sobre o tema “Da Ciencia á Ficción: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc…”.
Os gañadores desta edición son:
NARRACIÓNS:
Categoría A (ata 8 anos):
-Primeiro premio: Laura González Freire.8 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-Segundo premio:Alba Otero Romo.8 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-Terceiro premio: Pablo Méndez Gil González. 8 anos.CEIP VISTA ALEGRE.
Categoría B (9 a 11 anos):
-Primeiro premio:Lucía Cancelos Rebolo. 9 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-Segundo premio: Alba Geada Bernal.11 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-Terceiro premio: Carla Gómez Lestegás.11 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
Categoría C (de 12 a 16 anos):
-Primeiro premio: Macarena Ledo Vázquez. 16 anos. IES PERDOURO.
DEBUXO:
Categoría A (ata 8 anos)
-Primeiro premio: Serea Cayón Villamil. 5 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-Segundo premio: Victor López Pérez. 4 anos. CEIP FONDO NOIS.
-Terceiro premio: Nerea Gómez Lestegás. 7 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
Categoría B (de 9 a 11 anos)
-Primeiro premio: Lucía Cancelos Rebolo. 9 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-Segundo premio: Daniel Piqueras Valle. 11 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
-Terceiro premio: Dámaris Carballo Dorado. 10 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
A Concelleira de Cultura , Mónica Pedre, felicita a todos os participantes e agarda que os premiados, nesta fase local do certamen, acaden os premios pertinentes, na súa fase provincial , organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
Os premios serán entregados na propia Biblioteca Municipal, en vindeiras datas.
DELEGACIÓN MUNICIPAL DE CULTURA.
Biblioteca Pública Municipal.





















A actividade rematou coa creación dun xardín de planta de tempada a base de Cyclamen na contorna do parque Reina Sofía.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



