Manuel Román Ramos.- Vai para cento oitenta anos que os cantos gregorianos e os rezos do oficio divino deixaron de escoitarse nos claustros do mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá. Remataba a historia, tras case novecentos anos, da Abadía laurentina. A exclaustración dos monxes e a posterior desamortización de Mendizábal poñían punto final a un cenobio que, xunto ao episcopado mindoniense, fora epicentro socio-económico e cultural de todo o que hoxe é o norte da provincia de Lugo.
Entre as consecuencias negativas da desamortización caben salientar dúas: a dispersión e perda dunha importante parte do patrimonio histórico-artístico e bibliográfico-documental, e o abandono de edificios que quedaron no esquecemento e posterior ruína. A primeira efectou gravemente ao mosteiro laurentino, xa que gran parte da súa importante biblioteca e arquivo documental foi dispersado, extraviado ou perdido. Non obstante, a edificación non sufriu en demasía a marcha dos frades, naquel entón. O Convento unha vez incautado polo Estado foi reutilizado en distintas funcións que permitiron, en maior ou menor grao, a súa conservación. Nel se asentaron a casa consistorial, o cárcere, as escolas públicas, o hospital de caridade, o macelo público…
Máis adiante, unha nova comunidade beneditina, esta vez como priorado dependente de Samos, ocupou o recinto dende 1910 a 1942, contribuíndo de forma notoria á restauración daquelas partes que estaban en peor estado. Tras a marcha definitiva dos frades instalouse o semininario menor ata 1970. A escasez de vocacións sacerdotais fixo que de novo os claustros se ateigasen de silencios e abandono.
Un decreto de agosto de 1974 declaraba ao mosteiro de S. Salvador de Vilanova de Lourenzá, Ben de interés Cultural (BIC) con categoría de Monumento Histórico Artístico. A boa nova semellaba unha solución que ía liberar ao ex-convento do esquecemento. Pero a realidade non foi esa. Certo é, que a parte que noutrora fora casa abacial hoxe está ben conservada, tras distintas actuacións de restauración, porque alí están asentadas a Casa do Concello, Biblioteca Municipal, Oficina de Correos, Centro de Interpretación da Faba e Museo de Arte Sacro. Tamén se mantén en bo uso a Igrexa parroquial. Pero a parte conventual propiamente dita presenta un estado moi deficiente. Non hai moito tempo veuse abaixo unha porción de tellado na parte noroeste, hai pouco foi a parte do sursueste a que se derrubou, sendo necesario o corte parcial da rúa do Muíño dos Frades. Son avisos importantes aos que se lles debe prestar a atención que corresponde.
Semella un paradoxo que aos veciños, propietarios na contorna do Mosteiro, cando emprenden obras de reforma e conservación nas súas casas, se lles esixa o cumprimento dunha normativa, a veces bastante severa, mentres que o monumento que dá lugar a unha zona de especial protección e que está baixo protección oficial, se atope sen cristais nas ventás, portas moi deterioradas, lousados fundidos ou cuberto, nalgunha das súas partes, con tellas avermelladas que rompen a harmonia pizarrenta de toda a Vila.
É preciso que as distintas administracións: municipal, episcopal, autonómica e estatal, tomen cartas no asunto e poñan en valor un edificio que pola súa monumentalidade e importancia histórica-artistíca merece ocupar un posto de honra no patrimonio galego e español.
Se cadra, un primeiro paso sería que esas administracións delimiten as competencias que como propietarios lles correspondan, lembrando que, en 1835 como consecuencia da desamortización de Mendizábal o Estado incautouse de todo o Mosteiro, agás da igrexa e dun habitáculo que servise de rectoral ao cura párroco, cedendo ao Concello parte do edificio para uso público; que ao final da ditadura de Primo de Rivera un decreto devolveu á comunidade beneditina parte do expropiado; que durante a II República o Concello e a Liga Agraria de Lourenzá iniciaron xestións encamiñadas a anular o disposto no decreto antedito.
Unha vez que as competencias e a propiedade estean definidas posiblemente non sexa difícil chegar a acordos e convenios co fin de manter en bo estado, procurándolle usos, utilidades e incluso rendibilidade económica, a un edificio que pola súa categoría, rango, situación e historia non merece caer no esquecemento.
Que non vaia ter razón o cronista que hai xa anos escribía: “Vilanova tiene una noble y obligada carga con estos muros que dieron carta de ciudadanía a su historia. Y en muchas ocasiones esas paredes han tenido que sufrir el atropello de la ignorancia y la falta de disposición para entender su valía”.
Manuel Román Ramos



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



