17 de abril de 2016.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este domingo no acto de inauguración da X Feira dos Ferreiros de Riotorto, xunto co Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón e o pregoeiro desta edición o xornalista e produtor galego, José María Besteiro. Alí emprazou tanto a Asociación de Ferreiros como ao Concello, “a seguir traballando e promovendo este oficio, porque si queremos que o rural sobreviva hai conservar oficios como o dos ferreiros de Riotorto”.
Campos Conde asegurou “é unha honra estar hoxe aquí, nesta Feira, contemplando un dos oficios máis singulares e tradicionais da comarca da Mariña Oriental”. Asi mesmo subliñou a potencialidade económica e turística deste evento para un concello como o de Riotorto. “É unha auténtica singularidade da Mariña Oriental que aínda haxa unhos ferreiros que traballen este material deste xeito tan singular e tan tradicional”.
O Presidente sinalou “é importante chegar aquí, a esta décima edición, manterse e mirar cara o futuro e propiciar que a xente nova se poida adicar a este oficio como medio de vida”. Por iso emprazou a traballar dende todas as administracións “para animar aos ferreiros a que sigan golpeando a bigornia e o mazo para facer fouciños, coitelos e todos os utensilios de labranza. Porque é importante revivir os tempos dos nosos maiores para aprender, e loitar así por un futuro mellor”.
A Deputación de Lugo é a máxima patrocinadora deste cita, pois achega 20.000 euros dos 35.000 euros que en total custa a feira. Xunto a dita axuda económica, a institución luguesa tamén colabora con esta cita a través do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), que levará a esta cita unha exposición sobre a historia dos ferreiros de Riotorto.
Mais de 100 stands
A día de hoxe esta feira esta xa consolidada, xa que cada ano visítana milleiros de persoas e nela participan máis de 100 stands. Ademais nas exhibicións, que se realizaron ao longo de todo o día, participaron 25 ferreiros dos municipios de Riotorto, Santiago de Compostela, O Corgo, Os Oscos e Navarra e de Austria.
Os ferreiros de Riotorto
A Feira da Artesanía do Ferro xurde no ano 2007 como unha iniciativa da Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto. O obxectivo desta asociación é darlle pulo e recoñecemento ao oficio do ferro en Riotorto, xa que este Concello conta cunha longa tradición de familias de ferreiros, moas e mazos situados, principalmente, nas parroquias de Riotorto e Ferreiravella. No concello de Riotorto consérvanse dous mazos: o de Bastián en Espasande de Baixo e o da Fraga en Ferreiravella. Outro mazo foi o do Mazo de Ferreiravella, chamado mazo de Abaixo ou de Chavarría, que foi desfeito na década dos oitenta e transformado en cabana. Estes mazos, xunto con moas, muíños, centrais, etc… constitúen o centro ferreiro máis importante do Norte da Península, sumando un total de 46 artiluxios situados no curso do río de Ferreiravella, entre a parroquia deste nome e a de Espasande de Baixo: os dous mazos xa citados, 5 muíños, unha central hidráulica e 38 moas hidráulicas.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



