Ribadeo, 27 de noviembre de 2018. O hotel restaurante Javier Montero, localizado na parroquia ribadense de Vilaselán, foi inaugurado oficialmente este martes e abrirá ao público este xoves, día 29.
O acto inaugural, no que houbo degustación de petiscos e bebidas, contou con numerosa afluencia de persoas e entre os asistentes estiveron o delegado territorial da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro; a xefa provincial de Turismo, Paloma Vázquez; e o xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo Fernández.
O delegado territorial da Xunta destacou que coa posta en marcha do hotel restaurante Javier Montero “A Mariña gaña porque necesita infraestruturas hostaleiras dun certo nivel, como estas, polo cal a Xunta de Galicia quixo apoiar este proxecto a través do GALP e estamos satisfeitos do que vemos aquí”.
Os propietarios do establecimiento explicaron que “el hotel tiene cuatro habitaciones, que fueron diseñadas con un toque actual, personal y moderno, con todas las comodidades. Ofertaremos paquetes gastronómicos a los clientes para que puedan disfrutar de noches en el hotel con una degustación de nuestra cocina”.
Tamén comentaron que “el restaurante cuenta con una capacidad máxima para 80 comensales, que podrán degustar una cocina elaborada y actual, pero en la que siempre está presente la tradición. Tendremos menú degustación de temporada y carta y nuestro objetivo es dar un servicio muy personal y cercano. Además queremos mencionar que nuestro proyecto está financiado por el GALP A Mariña-Ortegal”.
O hotel restaurante Javier Montero está en As Barreiras, 14, Vilaselán (Ribadeo) e o teléfono para reservas é o 982.639.600.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



