Viveiro 15-5-19. Para o BNG de Viveiro as necesidades das persoas con diversidade funcional é un tema totalmente transversal. «É evidente que Viveiro precisa eliminar unha morea de barreiras que só supoñen obstáculos, axudan a manter un estigma social que non debera existir, e non facilitan ás persoas con calquera tipo de discapacidade a autonomía no seu día a día nin a accesibilidade a espazos e servizos comúns» afirma Miriam Bermudez, a alcaldable polo BNG de Viveiro.
No BNG apostamos por unha inclusión real, con medidas que son de prioridade urxente. Desta urxencia da conta Iria Cotelo, número cinco da lista, que traballa diariamente dende hai máis de nove anos no centro de día de Aspanane «Saír a dar un paseo cxs usuarixs por Viveiro supón dispoñer de case o dobre de traballadorxs para botar unha man, xa que o risco de caídas aumenta polos desniveis do chan, plaquetas soltas, bordillos altos, bolardos..; e precisase ás veces de dous traballadores para poder transladar a unha persoa en cadeira de rodas (costas, bordillos, rampas mal feitas), polo que as saídas do centro son escasas». A Iria tamén lle consta que «A maior parte das familias non contan con estes recursos humanos nin coa enerxía suficiente (por ter unha idade avanzada en moitos casos) para ir ás compras, dar un paseo… e se tiveran que ir ao xulgado xa sería o caos absoluto».
No programa que presentou o BNG o pasado 14 de abril, reflíctense medidas como a creación de accesos a praias, transportes públicos, pavillóns, deporte, praias e rúas; a implantación de pictogramas, imaxes e braille en espazos públicos; iluminación e sinalización de cambios de nivel no chan; ou semáforos auditivos para peóns.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



