Lugo, 18 de xuño de 2019.- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional fixo entrega hoxe dos premios do concurso Lanzadeiras!, enmarcado no programa Eduemprende, que durante o presente curso involucrou a 1.442 alumnos e 171 profesores de doce centros educativos de secundaria da provincia de Lugo.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, asistiu no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Politécnico de Lugo á cerimonia de clausura do proxecto “Miniempresas Lugo 2019” e á entrega dos premios do concurso, co que colaboran o xornal El Progreso e a empresa Alcoa.
O primeiro premio foi para o proxecto “Rede activa Vilalba”, ideado polo alumnado de primeiro do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia do Instituto de Educación Secundaria (IES) Lois Peña Novo de Vilalba e que consistía nunha empresa dedicada ao servizo de atención a persoas usuarias do centro ocupacional da localidade.
O segundo premio recaeu na miniempresa “Vesmemais” que proxectaron os alumnos de primeiro e segundo do ciclo formativo básico de Electricidade e electrónica do CIFP Politécnico de Lugo, centrada na investigación, deseño e fabricación de dispositivos que aumenten a visibilidade dos ciclistas e a súa seguridade.
O terceiro premio foi a parar ao IES San Rosendo de Mondoñedo, para os alumnos de primeiro curso do ciclo formativo de grao medio de Xardinaría e Floraría e do ciclo formativo de grao superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, cunha miniempresa dedicada á venda de plantas aromáticas, de produtos obtidos delas con fins biosaudables, culinarios ou cosméticos, e de fragrancias e fitosanitarios.
Concedéronse tamén dous accésits, un para o IES María Sarmiento de Viveiro por proxectar una empresa de servizos para realizar recados e compras -no comercio local- para persoas que non poidan facelos por si mesmas, e o segundo para o Centro Público Integrado (CPI) de Navia de Suarna por un proxecto para elaborar produtos mediante procedementos ecolóxicos e con materiais reciclados.
No conxunto da provincia presentáronse 23 proxectos en distintas especialidades, elaborados polo alumnado co asesoramento dos docentes en cada materia. Os premios teñen dotación económica que achega a Fundación Alcoa, e oscilan entre os 500 euros para os accésits e os 2.000 euros para o primeiro premio.
O delegado territorial explicou que o plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia “é unha aposta clara e firme da Xunta pola implantación nos institutos galegos da cultura emprendedora, porque emprender é sinónimo de innovación, de mellora da competitividade das nosas empresas, de crecemento económico e da posibilidade de xerar máis e mellores oportunidades de emprego”.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



