Un sinxelo movemento, dar o sobre á urna, marca unha diferencia de sentir: exercín ou non o poder.
Efémero a máis de diminuto entre unha poboación como a Ribadeo ou moito máis aínda, entre unha poboación como a de España, pero aínda así, nalgunha circunstancia, decisivo. En calquera caso, manifestación do desexo de participación activa nunha sociedade que a maioría do tempo parece querer impulsarnos á pasividade, á conformidade co xa existente ou co menú de posibilidade que nos presentan.
Claro, votar implica un acto anterior: decidir.
Para non votar só fai falta deixarse levar, non tomar a decisión, aínda que tamén pode ser unha decisión totralmente consciente. Para votar, é necesaria acción, sopesar a quen ou a que, candidato ou programa, ou descartar a todo o espectro que se presente para o voto en branco, ter a vontade de votar, pero non considerar a ninguén digno de ser depositario do voto. Ou sexa, implica facer unha avaliación de proposta, e/ou caras, e/ou confianza, e/ou sentemento, antes de tomar a decisión. Implica tomar dun ou outro xeito datos da sociedade na que vivimos para poder decidir. Mesmo nos casos nos que tristemente hai fraude por carrexar votantes. é dicir, en xeral, un proceso ben diferente do que leva ó ‘eu non votei’, e iso aínda que inflúan tamén cousas como a proximidade da institución á que se vota, pois non á mesma intensidade de sentementos e porcentaxe de votos, a particdipación, nunha eleccións europeas que nunha eleccións locais, aínda que se celebren o mesmo día e haxa que depositar os votos en urnas veciñais: en Ribadeo, nas últimas eleccións, a porcentaxe case non variou das locais ás europeas, despois de subir máis de 22 puntos nestas últimas europeas polo efecto do voto agrupado nun mesmo momento.
a decisión de votar pode xsurdir dunha reflexión profunda sobre múltiples factores ou ser totalmente superficial, ‘porque tal me dixo “ven votar comigo”, díxenlle que benm e votei o mesmo’. Pero en calquera caso, a categoría na que se encadra é outra, diferente do non votar. ‘Se non votas, non te queixes logo’, é a expresión, estimo que non totalmente afortanuada, desa diferencia.
Esteñamos ou non de acordo en chamar democracia ó actual sistema vixente en España, o voto emplica unha confianza nas persoas a quen lle transmitimos o noso poder. E, polo tanto, vémonos máis autorizados despois a fiscalizar o que se fixo con ese poder. É dicir, vémonos máis proclives a seguir participando aínda que só creamos que poda ser pola avaliación do que se fai co noso voto, ou mellor, co conxunto dos votos nos que se inclúe o noso, fose a parar a un grupo que acade o goberno ou non, pois ó fin é o cabo, participamos, e o poder co que se esteña a gobernar, tamén é noso.























María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.



