Cervo, 13 de agosto de 2019.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Turismo, organizou para o día de hoxe unha visita guiada pola Ruta das Canteiras na que participou medio cento de persoas.
Os asistentes, entre os que se atopaban o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Turismo, David Rodríguez, puideron coñecer o pasado canteiro de San Ciprián da man do investigador do instituto Geológico y Minero de España, Jorge Fernández.
O roteiro, de dúas horas de duración, partiu ás 11:15 horas do Faro da Atalaia, e desde alí percorreron zonas como a Praia de Cubelas, a Ponte Medieval, as antigas Fábricas de Salgadura ou Punta Mingarolo.
No percorrido poden detectarse vestixios do traballo dos canteiros ao longo dos séculos en forma de frontes, bancos de traballo, trincheiras, cuñas e barreños, para extraer os sillares cos que logo se construíron as edificacións tradicionais da vila.
Ao longo da ruta instaláronse diferentes fitos que nos permiten afondar no pasado canteiro de San Ciprián; de onde se exportaron as laxas que se empregaron, por exemplo, para o empedrado da Praza Maior de Oviedo.
Villares precisou que desde o Concello estamos a facer unha aposta decidida pola divulgación e a posta en valor de todo o noso patrimonio natural e arquitectónico, “porque cremos que é fundamental traballar pola súa preservación e dalo a coñecer a toda a veciñanza pola importancia que ten na nosa historia”.
De feito, Cervo foi o primeiro municipio galego que se incorporou á rede de patrimonio natural e arquitectónico “Construrock” en novembro do pasado ano, un protocolo de colaboración que ten o obxectivo de promover a realización de actuacións científico-técnicas en materia de xeoloxía, pedra natural e patrimonio arquitectónico do municipio, en colaboración co Instituto Geológico y Minero de España.


























Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.



