A propagación da mentira como moda. Coido que esa frase pode ser o resume dun dos fenómenos máis perigosos que está a vivir a sociedade nos tempos que corren. A invasión das fake news, as falsas novas, é un feito. Sempre as houbo, pero a a posibilidade que ofrece a tecnoloxía actual permite a súa multiplicación, e asemade un aumento da credibilidade polo propio sistema de propagación e o mesmo número, que fai difícil calquera intento de cmprobación. O resultado, unha magnitude excepcional que xa se ten volto normal, ó sobrepasar calquera delimitación ou filtro, o mesmo que a súa aceptación en bloque, sen crítica -en parte, polo mesmo cansancio de mirar con lupa un aluvión de noticias incontrolable xa de por si-.
Coido que calquera pode ter a man exemplos de todo tipo, en multitude de temas e todo signo (aínda que en diferente número, dependendo do ‘signo’), pero por se acaso, adxunto unha foto que me atopei xa varias veces nas redes sociais. A última, onte, a comezos desta nova campaña electoral onde os emigrantes ou Cataluña levan as de ganar como temas fronte á corrupción ou a participación cidadá.
Na foto vese un contedor amarelo nunha rúa que se supón española con produtos alimenticios identificables nun supermercado español, empaquetados e amontoados sobre o contedor. A foto, que xa non é deste ano, é abondo clara, e ven acompañada, neste caso, dun comentario: “Musulmanes echando la comida, que les da caritas y cruz roja, al contenedor de la basura, mientras tanto hay Españoles, pasando hambre y viviendo en la calle.” Nestes momentos, e só no lugar de onde a collín, foi compartida 183 000 veces, e nese muro, foi obsequiada con 6200 emoticonos e 133 comentarios. Polo contrario, coido que tería que pasar cun ‘sen comentarios’ pola evidencia de que na foto non se ven musulmáns, a máis doutras consideracións (por exemplo, non botan moitas veces os supermercados alimentos caducados ó lixo?, non podería ser este un caso así?)
De calquera xeito, con todo o perigo que que ten a asociación fraudulenta do pé de foto coa imaxe, non foi esa a foto que me trouxo a escribir isto. Foi un subtítulo dunha nova aparecida tamén onte: “Pero, como en ocasiones anteriores, un tuit de Donald Trump ha cambiado la dirección de los mercados al alza”. Aparece na cabeceira do resume diario de ‘elEconomista.es’, e continúa a nova sen darlle máis importancia a que o ‘home máis poderoso do mundo’ poda cambiar as bolsas mundiais cunha frase escrita nunha rede social, sen apoio de feitos. A ter en conta esto último, pois as reviravoltas e contradicións constantes relacionadas con cousas escritas por Trump xa forman parte da historia. E, ademáis, como magnate, a xogada de comprar/vender accións antes de emitir un tuit que cambia a dirección do mercado é unha acción que ven en resalte no ‘Manual do magnate trampulleiro’. Que afecta á economía mundial a máis da economío, política ou sociedade do seu propio país? Xa estamos tan afeitos a que nos leven de acó acolá, sen que nin nos deixen queixarnos, que que un tuit sen accións xustificativas que o apoien poda facer mover máis cartos que o que supón o peche das industrias nAs Pontes ou San Cibrao non nos fai nin pensar na necesidade dun cambio de sistema sociopolítico económico, nin siquera nun sistema de regulación efectivo de todas as falsedades que campan pola rede. Máis aínda cando as novas truculentas están entre as que máis rápido se propagan e máis audiencia teñen.
Pode ser que socioloxía -xa non digamos sociopolítica- sexa unha palabra demasiado longa para un tuit… e por iso non se vexa a súa importancia.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



