15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo pechará o Campionato Galego de Rallys de asfalto o sábado, 16 de novembro

07-11-19

 Cervo, 7 de novembro.- O Concello de Cervo acollerá a última carreira do Campionato Galego de Rallys, que terá lugar o vindeiro sábado, 16 de novembro.

Este mediodía, o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro coa directora da Carreira, Maite Vilanova, para perfilar os detalles deste I Rally da Mariña, organizado pola escudaría Mix Rally, coa colaboración do Concello de Cervo.

Villares explicou que “apostamos por traer este evento deportivo ao noso municipio porque somos conscientes de que hai moita afección ao mundo do motor na nosa zona, pero tamén porque vimos nel un importante escaparate para dar a coñecer os atractivos do noso municipio, que son moitos”.

O tramo que transcorrerá polo Concello de Cervo é de 10 quilómetros. A saída está prevista desde Sargadelos (diante daa Fábrica) e a meta será na zona do Castelo. Os pilotos –agárdase que participen sobre unha decena da Mariña- farán tres pasadas por este traxecto: unha ás 9:59 horas, outra ás 14:18 horas e a derradeira e que pechará o campionato, ás 18:57 horas.

Os corredores xa comezarán a facer o recoñecemento do treito –moi rápido e esixente segundo apuntan desde a organización- no día de mañá.

Unhas 80 persoas velarán pola seguridade no percorrido, no que haberá zonas habilitadas para aquelas persoas que desexen gozar da habilidade dos mellores pilotos galegos ao volante.

Restricións de tráfico
O tramo de Cervo partirá de diante da Fábrica de Sargadelos, con dirección ao Campo da Bidueira, A Senra, Barxa, cruce de Castelo, Igrexa, O seixo, Gondrás e rematará na zona do Castelo.

Como medida de seguridade e para garantir o bo discorrer da proba pecharase o tráfico nestas zonas, o sábado 16 de novembro, desde as 8:55 horas ata as 22:30 horas, aproximadamente. A caravana está previsto que pase ás 8:59 horas, e o primeiro coche ás 9:59 horas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive