Na actualidade mantéñense abertas en Viveiro tres salas de cine que funcionan nun único edificio, na Misericordia. A nosa vila, xunto con Ribadeo, son hoxe as únicas da Mariña nas que se proxecta cine comercial. Cousa ben de agradecer tendo en conta os tempos que corren nos que desapareceron a práctica totalidade das salas de cine da comarca. Mais non sempre foi así pois hai anos en varias das vilas da contorna , ( Ribadeo, San Miguel de Reinante, Mondoñedo, Vilanova de Lourenzá, Foz, Ferreira do Valadouro, Burela, O Barqueiro… ), funcionaban salas de cine e mesmo en Viveiro chegamos a ter catro cines proxectando películas: o Nemesio (despois Teatro Pastor Díaz), o Teatro Moderno, o Cine Basanta, en Celeiro e o Cine Orfeo.
Conservo no meu arquivo persoal as follas de contabilidade do Teatro Moderno dos anos 40 e tamén un listado de películas que se proxectaron neste cine, no Nemesio e no Basanta nas décadas dos 50 e 60. Manexando esta documentación podo concluir que nestes anos a viciñanza de Viveiro tiña a posibilidade de ver cada mes máis de 20 filmes distintos nas tres salas abertas, ás que, no ano 63, se incorpora un novo cine, o Orfeo.
Esta breve reseña arredor do cine non estaría completa se esquezésemos a actividade cineclubista desenvolvida en Viveiro. Foi a Agrupación Cultural Sementeira, fundada nos anos setenta a que mantivo desde os seus comezos un grande interese polo cinema e a que constituiu o primeiro cine clube, en 1975. Os filmes chegaban á vila no auto de liña, en formato de 35 ou 16 mm, para ser proxectados no Pastor Díaz ou no Orfeo, alugados pola Agrupación para a ocasión. “O anxo exterminador”, “O ladrón de bicicletas”, “O verdugo, “Corno de cabra”, “O cadaleito”, por citar só algún dos primeiros títulos que este cineclube proxectou e que coincidían en moitas ocasións coa programación que o Cine Clube “Valle Inclán” mantiña en Lugo.
Tamén Sementeira organizou, en xaneiro e febrero do 1996, a exposición “100 anos de cine” que estivo aberta na estación de autobuses de Viveiro nos que , entre outro material, se mostraban os proxectos dos edificios do Teatro Nemesio e do Cine Basanta de Celeiro. Coincidindo con esta exposición proxectáronse en versión orixinal oito películas: “Justino, un asesino de la tercera edad” de La Cuadrilla; “Dersu Uzala”, de Kurosawa, “Lifeboat” de Hitchcock, “Fuego” de Julio Coll—rodada en 1963 en Viveiro, Bares e o Barqueiro—“Au revoir les enfants” , de Malle e as curtas “Mamá Asunción, “Esperanza” e “O camino das estrelas”, de Chano Piñeiro.
Aproveito a ocasión que me ofrece esta terceira entrega de artigos ao fío do centenario do Teatro Pastor Díaz para propór unha actividade máis que o Concello podería programar neste Teatro: a proxección mensual dun filme en versión orixinal. Coido que hai público suficiente para manter estas sesións de cineforum, xa que ademáis da viciñanza contaríamos coa asistencia de persoas residentes nas vilas da contorna.
Volvendo ao comenzo deste artigo. Agardo que a empresa que mantén aberta as tres salas en Viveiro continúe dándonos a oportunidade de asistir a proxeccións en versión orixinal, como as que temos visto recentemente: “O que arde” , “The irishman” ou “Eroski Paraíso”. E tamén desexo que o cine volva ao Pastor Díaz, porque, como cantaba Luis Eduardo Aute aló polos oitenta, “Cine, cine, cine, / máis cine por favor,/ que toda na vida é cine/ e os soños cine son”.





















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



