11 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Inicio de pretempada cun proxecto baseado na identidade e esencia laranxas

28-07-20

 Burela, 28 de xullo, 2020. O novo Pescados Rubén Burela FS estreou onte oficialmente a pretempada 2020-21 coa xuntanza de presentación. O salón de conferencias da localidade mariñá acolleu a cita coa presenza de xogadores, corpo técnico-médico e directiva, nun proxecto baseado na identidade continuísta e na esencia laranxa.

O presidente, Manuel Blanco Fanego, deu a benvida a un grupo que volverá loitar entre os mellores na Primeira División avalado polo traballo das últimas tempadas. Edu e Matamoros capitanearán un equipo que continúa co compromiso de Michal Kaluza, Lucho, Álex Diz e Eto’o, contando coa filosofía da casa de Iago Míguez, Renato ou Pitero, á que tamén se unen as Xoias Nito, Renatinho, Bruno e Quelle. Como reforzos incorpóranse os galegos Quintela, dende Palma, e David Pazos, dende Aspil, ademais do internacional con Italia Giasson, procedente do Córdoba, e o regreso do canario Javi Rodríguez, tras a súa experiencia por Kuwait e Eslovenia.

Despois das probas e test dos últimos días na clínica focega Maas+Saúde e das revisións co fisioterapeuta Tulio García, o podólogo Miguel Murias e a nutricionista Cristina P. Rodil, Vista Alegre recibirá mañá os pupilos de Juanma Marrube na inauguración 2020-21 nas primeiras sensacións sobre o parqué, a partir das 18.30 horas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive