Lugo, a 30 de xullo de 2020. Errar é de humanos e todo o mundo se equivoca algunha vez. Pero hai erros sospeitosos; un deses erros que dan a sensación de ser outra cousa é o sufrido polo presidente da Deputación, o socialista José Tomé, na máis recente sesión plenaria, ao intentar impedir que o grupo popular repreguntase en relación ca cuestión que presentou sobre os cometidos en Tragsa dos extraballadores de Suplusa encargados do mantemento das zonas verdes provinciais. Quizá foi froito do nerviosismo que, polo menos aparentemente, provoca no goberno provincial este asunto. O caso é que, a estas alturas, e despois das inintelixibles explicacións (algunha, polo menos en aparencia, rifada coa verdade) dadas polo goberno ás preguntas presentadas polo PP nas dúas últimas sesións plenarias, as sospeitas de que algo non vai ben neste asunto son cada vez máis grandes. Por elo, o deputado viceportavoz do PP José Antonio García fai agora novas preguntas ao bigoberno; quere saber por que órgano, cando e en que condicións foi incorporada a área de Monforte, na que traballaron os exempregados de Suplusa agora as ordes de Tragsa, ás que figuran na encomenda da Deputación á citada empresa pública.
O PP leva meses reclamando do goberno provincial que detalle o custo da encomenda a Tragsa do mantemento das zonas verdes provinciais. José Antonio García recorda que a Deputación aprobou recentemente unha modificación de crédito por máis de 400.000 euros para facer fronte a seis meses de pagos a Tragsa. O goberno provincial non atende a reclamación popular e segue sen aclarar o custe real deste servizo que presta a citada empresa pública.
A maiores, comprobada a participación do antigo persoal de Tragsa na limpeza do cabe en Monforte, municipio do que é alcalde o presidente da Deputación, o goberno provincial xogou a enredar coas respostas que deu ás preguntas dos populares. No pleno pasado, o portavoz provincial, Javier Castiñeira, tivo que corrixir ao presidente e lembrarlle que o artigo 129 do Regulamento da Deputación establece que o preguntante ten dereito a réplica ou repregunta. E por esa vía, a citada deputada socialista asegurou que a área de Monforte na que traballaron os antigos operarios de Suplusa foi incorporada ás que figuran na encomenda da Deputación a Tragsa. José Antonio García quere saber que órgano tomou tal decisión, en que fecha, onde se reflexa e que custe ten para as arcas provinciais.