13 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os socialistas din que “o 12X hai que votar pola rexenación democrática de Galicia”

08-07-20

 Lugo, 10 de xullo de 2020. O candidato ás eleccións autonómicas, Luís Álvarez mantivo este venres unha xuntanza cos representantes de Xuventudes Socialistas aos que emprazou “a ser embaixadores do motor do cambio en Galicia. Sodes o noso maior baluarte para impulsar o proxecto socialista e conseguir o domingo o cambio de goberno. Para que en Galicia se abran as fiestras e entre o aire fresco da rexeneración, da ética e da dignidade política”. Así o dixo nun acto no que estivo acompañado dos candidatos Rosana Rielo, Marina Doutón e Manuel Marey, e tamén dos deputados Ana Prieto e Javier Cerqueiro, así como do Secretario de Organización, José Antonio Quiroga.

Álvarez explicou “que este 12X Galicia necesita cambio para saír da crise pola esquerda, protexendo aos que máis dificultades teñen, e para que ninguén quede na cuneta”. Dixo que “por un voto decídese un goberno, decídese se Galicia avanza ou retrocede, porque non é o mesmo que goberne a dereita que a esquerda”. Nesa liña remarcou que “no ADN do PSOE, queda patente que en 140 anos de historia sempre buscou a oportunidade de transformar o país alá onde atopaba as situacións de máis desigualdade, e vós as Xuventudes Socialistas tedes que ser o impulso deste novo cambio que necesita Galicia”.

O candidato avanzou algunha das medidas que propón o PSdeG para a mocidade, como o Plan de Garantías Xuvenil, que incluirá dun xeito transversal medidas adicadas á formación profesional e universitaria das mozas e mozos; medidas de fomento do emprego e medidas de fomento de vivenda de aluguer xunto ao Plan Retorna para a mocidade, así como o plan de emancipación.

Propostas
No eido educativo, impulsaremos un programa para que non haxa Ningún escolar sen ordenador , e que faga posible a dispoñibilidade universal de recursos, con fórmulas de subsidio total ou parcial en función da renda familiar, para colaborar na formación presencial, no traballo escolar a domicilio e no seguimento de formación a distancia. Ademais dun Plan urxente de Ordenación e funcionamento dos centros educativos; Plan de Fortalecemento e Dixitalización Integral do Ensino; Desenvolveremos un Plan de Implantación Gradual de 1º Ciclo de Educación Infantil; Recuperaremos o programa de gratuidade de libros de texto nas etapas educativas obrigatorias; Fomentaremos a FP Dual; Impulsaremos a gratuidade da primeira matrícula en todos os títulos de graos do Sistema universitario de Galicia e poñeremos en marcha un sistema propio de axudas aos estudos de mestrado, entre outras.

Aumento de becas
Alejandro Trashorras, responsable de Xuventudes e candidato ás eleccións na provincia de Lugo, puxo en valor as medidas aprobadas polo Goberno de Pedro Sánchez en materia de becas. “Houbo un aumento no número de becas, impulsada por un goberno progresista que servirá como escudo compensador ante as consecuencias da COVID-19, e serán compatibles co Ingreso Mínimo Vital, reforzando así a equidade básica”, sinalou.

Lembrou ademais que os Goberno do PP aplicaron unha durísima política de recortes en educación que afectou tamén as becas a partir da reforma Wert de 2013, que supuxeron recortes de 1.500 millóns.

“O 12X precisamos dun Goberno que non escape dos problemas dos lucenses, precisamos dun goberno solidario, comprometido, realista, empático e que sexa capaz de atender e entender ás demandas da mocidade. Por iso, o único voto válido este domingo para impulsar un goberno de progreso en Galicia é a papeleta de Gonzalo Caballero”, resumiu.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive