NOTA DE PRENSA:
Os socialistas opuxéronse á subida de 14 taxas municipais por enriba do IPC actual
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE lanzou unha pregunta ao equipo de goberno: ¿Onde están os cartos acumulados en época de vacas gordas? Os veciños non os ven
O Grupo Municipal Socialista de Cervo votou en contra do que considera un novo episodio de “recadación á desesperada”, que se encadra na tónica oficial do PP de Cervo nos últimos meses.
Incremento das taxas un 4,5%
Dende o Grupo Municipal Socialista, queremos aclarar que non nos opoñemos a unha suba anual do IPC, que e lóxica por outra parte; o que non podemos consentir é que esa suba se realice as portas do mes de decembro, con un IPC galego no 3,4 e que os Sres do PP, apliquen o IPC dun 4,5, correspondente ao mes de setembro.
Taxa do Lixo
Solicitamos a retirada do incremento do IPC da taxa do lixo, debido a que o ano pasado o PP creou unha modificación desta taxa, na que se obrigaba aos veciños a dar de alta no Padrón do lixo, os contadores que tiñan un consumo mínimo destinados basicamente a limpeza de comunidades, auxilios en parcelas, etc. Esta modificación que o PP dicía no pleno do 29 de novembro de 2007 era mais xusta e equitativa, trouxo consigo que as comunidades de veciños en bloque, procederan á eliminación destes contadores, por entender un atropelo as economías, xa que a pesar de que os consumos da auga non chegaban nin ao mínimo, pagaban igualmente este mínimo establecido coa correspondente subida.
Modificación de créditos e recoñecemento de obrigas
O Grupo Municipal Socialista non se opuxo á modificación, en base á responsabilidade política que vimos exercendo durante a lexislatura. As razóns polas que non votamos en contra foron que as partidas que sufriron as modificacións repercuten no funcionamento cotidiano do concello e que teñen que ver coa limpeza, enerxía, transporte escolar, mantemento e en definitiva porque afectan ao funcionamento diario dun concello. En total case 500.000 €.
Incapacidade do Equipo de goberno para sacar adiante os presupostos
No obstante o anterior, os socialistas criticamos duramente o feito de que estas modificacións de crédito tan elevadas non serían necesarias si houbera unha boa planificación e o equipo de goberno traballara por sacar adiante os orzamentos; o concello de Cervo traballa con orzamentos prorrogados o que impide inversión e obras no concello, entre outras moitas cousas. O mais grave e o feito de que contan con maioría absoluta e malia iso, acabaremos o 2008 co concello paralizado e os orzamentos sen presentar.
Moción demagóxica do PP
O Grupo Municipal Socialista, votou en contra dunha moción do PP en referencia a Violencia de xénero, por demagóxica no contido, xa que estaba baseado en unha serie de peticións as distintas administracións (sen incluír a municipal), e que era un listado de tódalas accións que actualmente están en marcha dende o goberno central e dende a Xunta de Galicia. Así mesmo, dende as filas socialistas solicitámoslle ao PP que deixara de facer demagoxia e política cun asunto tan grave como é a violencia de xénero e propuxemos a cambio accións conxuntas entre tódolos grupos políticos fronte a esta lacra social, ademais de solicitar implicación dende o concello posto que non existen campañas nin información ao respecto.
O PP non soubo responder onde está o diñeiro das licenzas e o convenio
O Grupo Municipal Socialista lanzou varias preguntas moi claras e concisas ao equipo de goberno á vista das subidas continuas das taxas municipais e á creación das novas como a do PAI, moi criticada polos veciños por inxusta e cara: ¿Onde está o diñeiro das licenzas concedidas a mais de 1500 vivendas?. O goberno de Cervo aludiu á riqueza que a construcción traería ao noso concello, pero lonxe dos pronósticos populares, o concello de Cervo perde poboación, servicios e calidade de vida a costa de concellos veciños os veciños coma Burela e Xove. Entonces, ¿a donde foi a parar todo este diñeiro, que hoxe serviría para manter servizos de balde e fixar poboación?. Non tivemos contestación.
Enfado no PP por unha foto no local do PSOE Cervense
O PP mostrou o seu enfado pola foto colocada no local do PSOE de Cervo, na que se mostra un contenedor amarelo a rebosar, xunto con enseres ao pe do contenedor, e restos de bolsas que non collían no mesmo. Xunto coa foto, aparecen as declaracións do PP na prensa dicindo que non existen deficiencias na recollida. A foto en cuestión está tomada o pasado día 19 de Novembro as 14:44 h, ante o enfado dos vecinos polas declaracións dos populares negando a evidencia. Foron os propios vecinos os que chamaron para denunciar os feitos.
En Cervo, a 28 de novembro de 2008

















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



