LOURENZÁ .- O delegado da Área de Deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, presentou este venres a última edición do torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo que terá lugar no pavillón municipal de deportes entre os días 8 e 11 de abril. No acto tamén particiaparon a responsable da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Patricia Rico, e o alcalde e o técnico de deportes do Concello de Lourenzá, Vidal Martínez Sierra e Rubén García Piñeiroa.
Nesta última edición participan un total de 21 equipos de toda España, destaca a presenza de sociedades deportivas de Madrid, da Comunidade Valenciana, de Castela e León ou incluso das Illas Baleares. Na categoría cadete competirán 12 clubs e na categoría junior 9 equipos femininos de baloncesto.
Nota de Prensa
A ÁREA DE DEPORTE DA DEPUTACIÓN PROMOVE O VI TORNEO DE BASKET FEMININO LOURENZÁ EN XOGO
Antonio Veiga salientou a importancia da posta en marcha deste tipo de competicións ao tempo que instou ás administracións traballando en prol do deporte feminino en todas as comarcas lucenses
LUGO, 3 de abril de 2009. O delegado da Área de Deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, presentou este venres a última edición do torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo que terá lugar no pavillón municipal de deportes entre os días 8 e 11 de abril. No acto de presentación tamén estiveron presentes a responsable da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Patricia Rico, e o alcalde e o técnico de deportes do Concello de Lourenzá, Vidal Martínez Sierra e Rubén García Piñeiroa.
Na súa intervención, Antonio Veiga salientou a necesidade de seguir traballando en prol do deporte de base en toda e cada unha das comarcas lucenses. A maiores, o delegado da Área de Deporte da Deputación de Lugo, instou ao resto das administracións a seguir impulsado a progresiva incorporación da muller ao eido máis profesional da práctica do baloncesto. Para o nacionalista, a posta en marcha deste tipo de competicións impulsa o deporte feminino ao tempo que confirma a calidade e o bo facer de cada un dos clubs que participan no torneo “Lourenzá en Xogo”.
Nesta última edición participan un total de 21 equipos de toda España, destaca a presenza de sociedades deportivas de Madrid, da Comunidade Valenciana, de Castela e León ou incluso das Illas Baleares. Na categoría cadete competirán 12 clubs e na categoría junior 9 equipos femininos de baloncesto. A competición está organizada polas Escolas Deportivas Municipais de Lourenzá e polo propio concello.
A Área de Deporte da Deputación de Lugo patrocina xunto coa Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, a Fundación Deporte Galego, a Federación Galega de Baloncesto e Coca Cola a sexta edición deste torneo de baloncesto feminino que se dá cita cada ano na vila lucense de Lourenzá.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



