O Bloque Nacionalista Galego de A Mariña renovará a súa executiva comarcal nunha asemblea de afiliados que se celebrará sábado ás cinco e media da tarde. O actual responsable comarcal do BNG, Xosé Ramón Ermida, non se presenta á reelección. Segundo informou a emisora de radio Onda Cero A Mariña, está previsto que haxa tres candidaturas, que encabezarán o barreirense Antonio Veiga, o ribadense Farruco Graña e o mindoniense Xusto Fernández Haro. Un deles será o novo responsable comarcal do Bloque a partir do sábado.
Asemblea do BNG de A Mariña para substituír ó responsable comarcal, Xosé Ramón Ermida
Asemblea do BNG de A Mariña para substituír ó responsable comarcal, Xosé Ramón Ermida
Relacionado
-
O goberno de Deputación resolveu en cinco meses 33 reclamacións por responsabilidade patrimonial, o que certifica “o perigoso” estado da rede viaria provincial, afirma o PP
-
A Deputación inicia os traballos de mellora na vía de Vilate a Ribado na parroquia vilalbesa de Lanzós
-
O PPdeG avanza que as axudas para a incorporación de agricultores mozos ou a modernización de explotacións poderán solicitarse a partir de mediados deste mes