CERVO .- O Teatro Jofre de Ferrol acolle o domingo, día 14, a partir das sete do serán, a posta en escena da obra “R.I.P. Marandaina”, coa que o grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo se proclamaba gañador da IX edición do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena”. Así o anunciaba esta mañá a edil de Cultura, Mercedes Carbajales, quen avanzaba que aqueles que queiran volver a gozar desta comedia poderán facelo totalmente de balde este domingo, xa que as invitacións para asistir de xeito gratuíto ao acto están a disposición do público na taquilla do teatro, en horario de 11 a 13 polas mañás e de 18 a 20 polas tardes.
Máis polo miúdo, a responsable das políticas culturais da Administración local lembraba que neste IX ciclo de “Domingos a Escena” instaurábase o primeiro “Premio do público”, un galardón que entregará este domingo o alcalde, Vicente Irisarri. Unha distinción dotada con 1.500 euros e a posibilidade de representar a obra gañadora no Teatro Jofre. Nesta liña, a edil destacaba que se trata dun premio especial, xa que foron os propios espectadores cos seus votos os que valoraron a peza do grupo “O Bordelo” de Cervo como a mellor das 27 obras representadas no Centro Cívico de Caranza entre o 21 de setembro e o 12 de abril. En concreto, “O Bordelo” participaba no ciclo de teatro o pasado 22 de marzo. De igual xeito, a responsable das políticas culturais lembraba que eran máis de 4.200 espectadores os que elixían á agrupación vencedora, o que supuxo o 72,5% das 5.800 persoas que acudiron en total ás diferentes actuacións de “Domingos a Escena”.
Con respecto á compañía, “O Bordelo” nace no ano 1998 logo de varias experiencias teatrais no Auditorio de Sargadelos, integrado na Asociación Cultural “Airiños do Xunco” co fin de “abordelar” ao carro do teatro afeccionado na Mariña. Dende aquela pasaron máis de 350 actuacións espalladas por toda Galicia e polo occidente asturiano. O teatro enraizado no pobo, con temas de actualidade, é unha das claves da súa conexión co público. Tradicionalmente, “O Bordelo” agasalla a tódolos amantes do teatro cunha nova peza na tarde-noite de Reis. Deles son “Andar á comenencia”, “Cambadelas”, “Relax total” ou “O Mariñán”, entre outras, ademais da citada “R.I.P. Marandaina”.
Por último, en relación á obra que porán en escena, “R.I.P. Marandaina”, escrita e dirixida por Francisco Piñeiro, cómpre sinalar que a trama xira en torno á Marandaina 500mg, un medicamento para reducir a febre do desequilibrio territorial, o aumento irracional dalgunhas poboacións nas que a elevada hipertensión social xa provoca colapsos circulatorios, brotes endémicos de intolerancia e artrose comunicativa propia das selvas asfálticas. Unha sátira sobre a sociedade actual, a incomunicación, ou a intolerancia. Unha comedia interpretada por Dolores Viamonte, Mª Paz Rodríguez, Antonio González, Xosé Vicente Mon, Xosé Manuel González e o propio autor e director Francisco Piñeiro.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



