NOTA DE PRENSA
O GOBERNO LOCAL DEBE MAIS DE 225.000 EUROS Á COMPAÑÍA SUBMINISTRADORA DE ELECTRICIDADE
As constantes cartas remitidas pola empresa ao concello reclamando as cantidades pendentes non fan reaccionar ao alcalde.
As débedas acumúlanse dende o ano 2007 por un importe de mais de 222.000 euros aos que hai que engadir case 3.000 de intereses de demora.
Cervo, 7 de xullo de 2009. O BNG fai públicas as constantes reclamacións da compañía subministradora de enerxía eléctrica ao concello de Cervo, unha presentada no mes de decembro do ano pasado, outra o mes de xaneiro e a última o pasado 10 de xaneiro onde a compañía reitera nunha carta dirixida ao alcalde o pago da débeda mais os intereses de demora. Os nacionalistas pedirán explicacións ao alcalde por esta situación que ameaza o mantemento do subministro eléctrico a algunhas instalacións e infraestruturas de servizos municipais.
O ALCALDE SEMELLA VIVIR NOUTRO MUNDO MENTRES OS SUBMINISTRADORES DE MATERIAIS E SERVIZOS RECLAMAN CON INSISTENCIA O PAGO DE DÉBEDAS PENDENTES.
O BNG fai pública a última carta remitida por unha representante da compañía eléctrica ao alcalde de Cervo, na que lembra a remisión doutras dúas, nos meses de decembro e xaneiro que se completaron con chamadas telefónicas aos servizos de Intervención sen que foran atendidos os pagos pendentes. Na misiva advírtese que xa están amplamente superados os prazos establecidos pola lexislación para o pago destas facturas, que nalgún caso superan os 26 meses de atraso.
O goberno local segue sen reaccionar á caótica situación económica do concello, cun orzamento prorrogado do ano 2007 que non se axusta á realidade actual, “ non se entende como un goberno con maioría absoluta, é incapaz de elaborar ano a ano uns orzamentos municipais de acordo coas necesidades anuais do concello”, sinalan os nacionalistas, que tamén denuncian que o goberno local tampouco rende as contas nos prazos que corresponde ante o Consello de Contas e o Propio Tribunal de Contas advirte nun escrito do 8 xuño de posibeis responsabilidades penais ao non ter presentado diante deste organismo estatal a Conta Xeral do Ano 2006. Por outra banda, “descoñecemos as medidas a tomar polo goberno local” que podendo aproveitar o Decreto Lei 5/2009 de Medidas Urxentes para facilitar ás entidades locais o saneamento das débedas pendentes con empresas e autónomos, “ aínda non procedeu a aprobar a liquidación do orzamento municipal do ano 2008 e un Plan de Saneamento” como esixe o decreto que debe ser cumprimentado neste mes de xullo. “Mentres o Alcalde e responsábel de Facenda, Alfonso Villares, reúnese co Conselleiro de Facenda da Xunta, como si este tivera algunha competencia nun asunto ou lle fora resolver uns problemas que son da súa exclusiva responsabilidade”.
O BNG PEDIRÁ EXPLICACIÓNS SOBRE A SITUACIÓN E MEDIDAS DE CHOQUE PARA FACER FRONTE ÁS DÉBEDAS COS SUBMINISTRADORES
Os nacionalistas esixen ao goberno municipal medidas para paliar a situación, “non pode ser que mentres se deixa de pagar aos subministradores de materiais e servizos básicos, o goberno local segue gastando importantes cantidades de diñeiro público en propaganda para lucimento persoal do alcalde e algún outro membro do goberno local”.

















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



