CERVO .- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, convocou a unha reunión a todos os veciños dos edificios de nova construción que continúan con luz de obra en San Cibrao. O rexedor cervense, xunto co persoal técnico municipal resolverán as dúbidas que poidan ter os inquilinos destas vivendas respecto da problemática que lles está a afectar, polas deficiencias no subministro eléctrico das súas vivendas, así como dará conta das xestións que desde o Goberno municipal teñen previsto desenvolver na procura dunha solución satisfactoria. Xa no seu día Alfonso Villares asumiu o compromiso de mediar entre a empresa promotora, o departamento da Xunta con competencias en materia de Industria e a subministradora Begasa co obxecto de superar esta situación e colaborar conxuntamente na defensa dos intereses dos veciños destas dúas comunidades.
SUBMINISTRO ELÉCTRICO GARANTIDO
Villares explicou que as licenzas de construción destes edificios, como de calquera outra vivenda que se pretenda edificar no termo municipal, non se outorgan por unha decisión unilateral do Goberno municipal, senón que contan co aval técnico e xurídico dos funcionarios municipais que dan o visto e prace ás distintas solicitudes. De todos os xeitos para que os propietarios poidan darse de alta dun xeito individualizado nos distintos subministros que precisa o seu fogar é preciso dispoñer de licenza de primeira ocupación, coa que se comproba a habitabilidade de vivenda e a concordancia entre o edificado e o proxecto de construción. Solo despois da presentación desta licenza de primeira ocupación BEGASA da a luz.
A maiores é preciso explicar que BEGASA, que actúa en réxime de monopolio na distribución de enerxía eléctrica, esixe baixo o seu criterio desenvolver unha nova acometida desde a subestación de Burela ata San Cibrao para dar luz dun xeito individualizado e con total calidade aos propietarios destes dous edificios cuxo custe a empresa promotora non está en disposición de asumir polo seu alto custe. Desafortunadamente a día de hoxe o mercado de distribución da enerxía eléctrica segue a exercerse en réxime de monopolio e isto implica que as empresas promotoras dos edificios teñen que asumir a esixencia imposta por BEGASA para que poida cursarse o alta no servizo.
EDIFICIOS MÁIS NOVOS CON SUBMINISTRO NORMALIZADO
Neste senso, chama a atención o feito de que existan varias comunidades que obtiveron a súa licenza de primeira ocupación en datas posteriores aos edificios que continúan con luz de obra e a día de hoxe si están a recibir luz eléctrica individual e de calidade. Polo tanto, non estamos a falar dun problema de insuficiencia de capacidade tal e como pretenden facer ver algúns, senón da dificultade xurdida despois de que BEGASA condicione o subministro individual a estas vivendas ao feito de que a promotora sufrague o custe deste nova liña eléctrica.
De feito as licenzas de construción dos edificios que están a sufrir esta problemática foron outorgadas o 22 de xullo de 2008 e o 7 de novembro de 2008. Pola contra reciben luz con total garantía outros edificios de nova construción que obtiveron a súa licenza en datas posteriores: 17 de setembro de 2008 e 25 de marzo do ano 2009.
INDUSTRIA, DO BNG, DE BRAZOS CRUZADOS
Cada un destes datos botan por terra as insinuacións que “con consciencia da súa falsidade, e con altas doses mala fe” está a verter publicamente o único concelleiro nacionalista de Cervo. Unha vez máis o edil do BNG “apúntase a un bombardeo e excede a crítica política” para acusar ao Goberno municipal de cometer ilegalidades, algo “absolutamente inaceptable e que debera probar ante os tribunais de xustiza”. Probablemente a contundente acusación dos nacionalistas ten por obxecto desviar a atención sobre a súa falta de apoio a estes veciños cando correspondía. De feito o Alcalde xa deu conta ao anterior titular da consellería de Industria, o nacionalista Fernando Blanco, desta situación e pese a que comprometeuse a estudar unha solución, a anterior Xunta nada fixo neste sentido.
AO CARÓN DOS VECIÑOS
Por outra banda o Alcalde xustifica o malestar dos veciños dos edificios que están a ver como durante meses está a recibir un subministro eléctrico deficitario e non observa unha pronta solución. “É ata certo punto de vista lóxico que busquen un culpable” En todo caso non considera afortunadas as críticas feitas polo presidente dunha das comunidades respecto da xestión e responsabilidade municipal “Probablemente esta mal asesorado e realiza un ataque certamente desproporcionado fronte á única administración que está a traballar por atopar unha solución.”
Alfonso Vilalres insiste na necesidade de unir esforzos para superar a problemática xurdida e, dun xeito conciliador, mantén o seu ofrecemento para traballar na defensa dos intereses de todos os veciños destes edificios. “Teño o convencemento de que xuntos, e con boa disposición por ambas partes, podemos atopar unha solución”





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



